De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de marzo de 2007 12:35
Asunto: Demandan do concello que poña os medios necesarios para que a escola de infantil de Masdiás entre en funcionamento no curso 2007-08
ESQUERDA UNIDA-IU demanda do concello que poña os medios necesarios para que a escola de infantil de Masdiás entre en funcionamento no curso 2007-08
EU-IU quere amosar a necesidade de que as administracións públicas implicadas no caso do colexio Manuel Masdiás, concello e vicepresidencia, se impliquen de xeito resolutivo para acadar a posta en funcionamento dunha escola infantil pública, dotación educacional da que está falta a nosa cidade, onde hai un déficit de prazas infantís públicas innegable e non abordado.
As sucesivas demoras e o abandonos das instalacións que denuncian tanto o Consello escolar do centro, canto o profesorado, deixa en evidencia a neglixencia coa que se están a conducir neste tema a equipa de goberno.
Preguntámonos onde restan os compromisos do concelleiro de obras ao respecto de habilitar unha partida orzamentaria para arranxar un espazo que se degrada ollos vista, con humidades, filtracións ... e sen a dotación necesaria para que @s nen@s da cidade conten cun equipamento necesario para paliar o devandito déficit de prazas na educación infantil.
ESQUERDA UNIDA-IU entende que hai que superar a fase onde as administracións se tiran as responsabilidades á cabeza, resultando ferida a provisión de servizos públicos de calidade para a cidadanía. A negociación do convenio de investimentos para adheririse ao Consorcio Galego de Servizos Sociais ten que facerse xa resolutiva e conquerir para esta cidade as demandas recollidas por todolos grupos políticos no Pleno de 30 de novembro de 2006.
No devandito Pleno, o noso grupo deixou constancia do disgusto que lle producía a fórmula do consorcio, plataforma que podría derivar nunha privatización do mesmo, as discriminacións que podía producir, ou o posible menoscabo da autonomía municipal, mais acordamos necesario que sobre a única fórmula que propón a Xunta - o Consorcio - se garantan as dotacións de servizos necesarias para superar os déficits que temos neste eido nesta cidade. Qué se ten feito dende entón? Dende logo nada no que atinxe a escola infantil de Mandiás.
O barrio de Caranza non merece a deixación de funcións que están a cometer as administracións públicas, e en particular a equipa de goberno con esta dotación educativa; deixación que amosa o desinterese deste goberno municipal polas dotacións educativas públicas,asemade do nulo compromiso cunha política integral de igualdade, que axude a rachar coas dependencias sociais que se lle impoñen ás mulleres cando os poderes públicos non atenden as necesidades de colectivos como o dos nen@s fóra dos tramos educativos obrigatorios.
ESQUERDA UNIDA-IU fai un chamamento ao concello e a vicepresidencia para que resolvan, coa celeridade que demandan as necesidades sociais sen atender, o conxunto de investimentos recollidos no Pleno de 30 de novembro de 2006 : as dúas escolas infantís, o centro de día, a residencia de maiores, os gastos de xestión e mantemento da Casa de Acollida, a construcción de aprtamentos tutelados, o centro de día para transeúntes, e a ludoteca – lecoteca para os cativos, máis un incremento da contía que recibe Ferrol polo plan concertado.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Escolas Infantís
EU-IU
Demandan do concello que poña os medios necesarios para que a escola de infantil de Masdiás entre en funcionamento no curso 2007-08
sábado, marzo 24, 2007
Demandan do concello que poña os medios necesarios para que a escola de infantil de Masdiás entre en funcionamento no curso 2007-08
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, marzo 24, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon