De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de marzo de 2007 18:33
Asunto: Denuncian a falla de coordinación e as barreiras á accesibilidade que están a xerar as obras no espazo comprendido entre o Cadro de Esteiro e a Praza Vella
ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar a falla de coordinación e as barreiras á accesibilidade que están a xerar as obras no espazo comprendido entre o Cadro de Esteiro e a Praza Vella
ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar a lamentable descoordinación que está presidir o conxunto de obras que se están a desenrolar no espazo da antiga alameda da cidade, na zona comprendida entre o Cadro de Esteiro e a Praza Vella, pasando por Taxonera,, o Cantón de Molíns, os mercados e A alameda do Túnel ou Campo da Feira.
A nosa organización entende que o primeiro obxectivo da intervención nun espazo público debe ser a mellora da accesibilidade peonil. Polo tanto non é de recibo que estas obras, lonxe de facilitar a accesibilidade e a mobilidade peonil, están feitas cunha total desconsideración destes principios, que hoxendía, en pleno século XXI, teñen necesariamente que orientar calquer actividade urbanizadora. A obra de Taxonera en Esteiro é un exemplo acerca do que non hai que facer no eido da accesibilidade, pois nela xeráronse escalóns que antes non había; ou aplicouse adoquinado para un paseo peonil, pavimento moi ríxido, que é especialmente pouco apropiado para as persoas mayores. En vez de mellora-la accesibilidade, a empeoramos. Quitar os coches dun espazo público, que a priori podería supoñer unha mellora para a accesibilidade peonil, deste modo non fai máis que empeorar esta accesibilidade.
Temos que denunciar que, aínda por riba, que o conxunto das obras adoleza dun proxecto unitario ou de programación no tempo, e que se estén a suceder inconcrecións e retrasos nos plazos. Neste eido neste conxunto de espazos pódense inventariar máis de 30 diferentes tipos de pavimento, e as novas obras realizadas non fan máis que engrosar esta lista. Igual acontece co mobiliario urbano. O conxunto das obras trasluce descuido, improvisación e ignorancia acerca da conveniencia de dotar de unidade deste espazo público, o máis importante da cidade.
ESQUERDA UNIDA-IU aínda que saúda que na Alameda do Túnel se elimine ao aparcamento de automóbiles. Pero o xeito de intervir neste espazo non fai máis que causarnos asombro. Ou ben a empresa adxudicataria das obras tiña un stock de bordillos de formigón que tiña que colocar canto antes nun espazo público, ou non se entende como o Concello intervén dun modo tan burdo nun espazo de interese patrimonial como é a alameda.
A accesibilidade peonil foi descoidada ao punto de xerarse bordillos e até barreiras de hormigón que antes non existían. A obra supón arrebatar este espazo á cidadanía, por canto as barreiras que se dispoñen impiden a celebración da feira o terceiro domingo de cada mes. Recordar que esta Feira de Ferrol é, despois da Semana Santa, o acontecemento público máis importante da Cidade, congregando regularmente cada terceiro domingo de cada mes, doce mañáns ao ano, a máis de 20.000 persoas de toda a comarca.
Sería moi doado compatibilizar a celebración da feira mensual co disfrute peonil deste espazo, aplicando pavimentos para tráfico mixto, eliminado as barreiras existentes en Irmandiños e non colocando bordillos innecesarios na alameda do Túnel.
É este un espazo catalogado no vixente PXOM, o que supón que a Xunta, a traverso da Consellería de Cultura, ten un deber de tutela, que se traduce na necesidade de emisión dun informe favorable sobre o proxecto, previo á obra que se está a executar neste espazo. É evidente que tal informe non existe. Unha vez máis o Concello de Ferrol obvia ás súas obrigas para con a protección do Patrimonio da Cidade.
Cando a traverso das nosas propostas programáticas, das mocións que temos presentado e do traballo feitos estos anos no Concello e no movemento acociativo estamos a demandar a urbanización da cidade dacordo á vella arela da cidade relacional - onde os espazos públicos xogan un papel central no artellamento da vida social de tod@s e cada un de nós - parécenos profundamente errado poñer atrancos nos ámbitos onde ésta é máis real.
EU-IU demanda do Concello que supere as presas electorais, deixe de malgastar o presuposto municipal en obras que empeoran a habitabilidade e accesibilidade dos espazos públicos da cidade e desenvolva unha programación planificada e unitaria neste espazo cidadá de fonda importancia histórica.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
EU-IU
Urbanismo
Denuncian a falla de coordinación e as barreiras á accesibilidade que están a xerar as obras no espazo comprendido entre o Cadro de Esteiro e a Praza
venres, marzo 30, 2007
Denuncian a falla de coordinación e as barreiras á accesibilidade que están a xerar as obras no espazo comprendido entre o Cadro de Esteiro e a Praza
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, marzo 30, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon