luns, marzo 05, 2007

Felicítanse polo éxito da mobilización e afirma o seu compromiso a prol dunha Praza de España sen edificio de ningún tipo

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Par: artabra21@gmail.com
Data: 5 de marzo de 2007 12:00
Asunto: Felicítase da mobilización e defenderá que non haxa ningún edificio na Praza de España

ESQUERDA UNIDA-IU felicítase polo éxito da mobilización e afirma o seu compromiso a prol dunha Praza de España sen edificio de ningún tipo

ESQUERDA UNIDA-IU quere felicitar aos veciñ@s de Ferrol polo exemplar exercicio de civismo que o domingo protagonizaron ao participar na manifestación que discurriu até a Praza de Armas. Nen unha meteoroloxía adversa botou atrás á cidadanía á hora de demandar o respecto pola legalidade urbanística, que o goberno local teima en ignorar. Non cabe calificar senón de positiva esta nova mobilización cidadá.

Para nós resulta fundamental despexar calquer dúbida ao respecto sobre o futuro da Praza de España: esta ten que ser un espazo público, un ámbito de encontro do pobo ferrolán, o cal ten dereito a disfrutar dunha cidade relacional, pública, de encontro, non privatizada nos seus espazos e, xa que logo, opoñémonos a calquer transacción no que atinxe a edificar nese ámbito; nin de máis alturas nin de menos, EU-IU rexeita calquer edificio na praza de España. Nin ilegal como é agora o edificio proxectado, nin legal - con artimañas, cambiando ao planeamento vixente para salvar á cara aos que nos gobernan - , a nosa oposición é rotunda e sen ambiguedades.

O edificio ao noso parecer é absolutamente innecesario, por canto nós apostamos por evitar nun espazo público da relevancia da Praza de España a prevalencia de espúrios usos privados.

A pesares de silenzos ominosos e do flagrantes imcumprimentos do máis elemental código deontolóxico, ESQUERDA UNIDA-IU quere afirmar o seu compromiso e a súa participación neste amplísimo movemento cidadá, que agrupa a unha treintena de organizacións sociais de toda caste. A nosa organización é unha das convocantes da xeira de mobilizacións que está protagonizar a nosa cidadanía. Estabamos onte como estaremos mañán, estaremos sempre da parte dos intereres públicos e populares, lle doa a quen lle doa, pois o que é verdade o é, dígao Agamenón ou o seu porqueiro.

Queremos lembrar a cidadanía de Ferrol que non é certo que todas as forzas políticas sexan responsables deste atropelo urbanístico que estamos a a padecer. Cando iniciouse o proceso de reforma da Praza, o goberno de entón estaba formado polo PSOE e o BNG, e non por EU-IU. Non vale dicir, pois , que todos os gatos son pardos: ESQUERDA UNIDA-IU resulta ser a única forza non impricada neste desfeita urbanística.

Para rematar, reiterar o noso compromiso con todas e todos os que van seguir a traballar para ter unha praza de tod@s, sen edificios de ningún tipo de altura, un praza pública, aberta, cidadá.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon