De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de Março de 2007 00:17
Asunto: CONVOCATORIA XUNTA CONVOCANTES
Estimados Compañeiros/as .- Debido ao INFORME DA DIRECCIÓN XERAL DE URBANISMO DA XUNTA DE GALICIA, enviado ao Concello de Ferrol, ordenando PARALIZAR AS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DUN EDIFICIO NA PRAZA DE ESPAÑA- PRAZA PORTA NOVA e ante a resposta do goberno local de continuar as obras , facendo caso OMISO das recomendacións da Xunta de Galicia e por petición de algún compañeiro, estamos CONVOCADOS a unha nova REUNIÓN EXTRAORDINARIA para hoxe, xoves-1 ás 7,15 horas no local da Asociación Veciñal de Fontelonga.
- Acordaremos os acordos necesarios ante as declaracións do Alcalde e Concelleiro de Urbanismo para esixirlles o cumprimento da orde da Xunta de Galicia a traves da Dirección Xeral de Urbanismo.
- Estudaremos as reivindicacións e actuacións necesarias para reclamar do Concello que cumpla este requerimento da Xunta.
- Analizaremos as declaracións en prensa do candidato do PSOE, Vicente Irisarri, no senso de "negociar" a altura do EDIFICIO para clarificar se son certas as declaracións e intencións deste partido.
- Actualización do MANIFESTO da MANIFA do domingo-4 de Marzo.
- Decidiremos un comunicado ou rolda de prensa , reafirmando o noso compromiso coa cidadanía de Ferrol na Defensa da Praza de Porta Nova - Praza de España, REXEITANDO o macro-edificio e as obras da Praza,convidando a toda a veciñanza da cidade para PARTICIPAR na MANIFESTACIÓN do Domingo.
* Asistirá por invitación persoal á ASOCIACIÓN VECIÑAL DE CARANZA.
* Comprometen asistencia a Manifa os afectados de MONTEFERRO-
* Trataremos nesta recta final os REPARTOS E RECOLLIDA DE SINAURAS.
SOLICITAMOS "APOIOS" DE ORGANIZACIÓNS E ENTIDADES contra o macro-edificio da Praza.
Ferrol a 1 de Marzo de 2007
asdo.- Os Convocantes
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Praza da Porta Nova
Reunión das entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, xoves, dia 1 de marzo
xoves, marzo 01, 2007
Reunión das entidades convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, xoves, dia 1 de marzo
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, marzo 01, 2007
Tags
Artigos relacionados
- O Pleno do Concello de Ferrol, rexeita a "proposta de aprobación inicial do anteproxecto
- A Plataforma en contra do malgasto de diñeiro público, informamos que presentaremos est
- Nesta cidade estamos gobernados por uns ineptos e ignorantes, fan como se a cousa non fos
- De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com
- Por Joam Tavia [*] 30.06.2017 Hoje por motivos laborais, nom pudem estar na proposta
- Pasadas as sete e media da tarde, do 27 de Marzo de 2012, daba comezo a Asemblea Cidadá
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentarios so far
Como ides "analisar" as declaracións de Irisarri? Cun terceiro grado? Como se comproba algo que vos sabedes por oidas ou por medios de comunicación? Menudo dilema, non si?
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon