De: Convocantes en defensa dos espazos públicos -defendendo.os.espazos.publicos@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de marzo de 2007 17:48
Asunto: PALABRA NO PLENO DOS CONVOCANTES
Envio este RELATORIO para dar letura no PLENO DE HOXE se o ten a ben o Sr. Alcalde....para comunicarlle que toda a cidadanía rexeita a nova e moderna - PRAZA OXIDADA que ninguén entende.
Ferrol a 29 de Marzo de 2007
Os Convocantes ...
--
Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Cultural Fuco Buxán,
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Sociocultural Lopez Bouza
CC.OO Ferrol,
CIG-Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra21,
Terra Galega,
UGT-Ferrol,
USTG-Ferrol.
Intervención no Pleno do Concello de Ferrol dos Convocantes ... pola Defensa do Espazos Públicos.
29 de Marzo do 07.
Sr. Alcalde, Sras. Concelleir@s-, veciñas e veciños de Ferrol .
Queremos dirixirnos a todas e a todos no nome do colectivo de CONVOCANTES na Defensa das PRAZAS , PARQUES e dos Espazos Públicos.
Vimos de realizar unha serie de manifestacións na que participaron os cidadáns e a maioría das entidades, sindicatos e organizacións de Ferrol para defender a Praza da Porta Nova - Praza de España do proxecto especulativo que se está executando, un edificio ilegal de 21 metros de altura e de 7500 metros cadrados de superficie destinado a servizos privados en concesión a unha empresa durante 60 anos, que non ten cabida no actual PXOM de Ferrol.
O edificio é por tanto ilegal, pero sobre todo é innecesario.
Quen precisa un edificio de oficinas nun espazo público cando a cidade ten centos de locais baleiros ?
Preguntamos ao Sr. Alcalde se o edificio ten como finalidade oficinas públicas ou privadas ?
-Rogamos que nos responda.
Sr. Alcalde, Concelleiros e concelleira do Partido Popular fagan caso e sexan respectuosos coas recomendacións da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galiza, rexeiten o edificio paralizando de xeito inmediato as obras. Non agarden a que sexa a Xustiza quen lles obriguen a paralizar as obras, fágano vostedes; escoiten á cidadanía de Ferrol que con independencia da opción política, maioritariamente rexeitan esa construción, non pechen os ollos e os ouvidos, escoiten á cidadanía
Paren as obras xa!.
Sr. JUNCAL,ASINE O DECRETO DE PARALIZACION DE OBRAS.
Sr. Alcalde teña o gusto de non castigar ao pobo cunha PRAZA OXIDADA.!
Sres. de Independentes por Ferrol : Sabemos que este era o seu proxecto e que ía ligado ó derrubamento do Barrio de Recimil ( felizmente protexido pola Xunta de Galicia). Se é certo que lles interesa Ferrol, fagan o que o pobo de Ferrol demanda ¡ O pobo de Ferrol non quere o edificio na Praza de España!. Non promovan máis proxectos especulativos nas prazas públicas ¡ Xa está ben ! deixen a Praza de España, a Praza de Sartaña para uso e gozo do conxunto da cidadanía e non para beneficio duns poucos.
Grupos municipais da oposición BNG, PSOE e Esquerda Unida, cumpran co seu papel e de non conseguir a paralización das obras, que todos e todas agardamos, presenten de maneira conxunta, todos cantos recursos legais pódanse presentar contra unha edificación ilegal e innecesaria.
No caso de que non se acorde a paralización das obras, participen de maneira decidida en todas cantas iniciativas cidadáns se fagan para conseguir en primeiro lugar a paralización e en segundo lugar o abandono do proxecto do edificio da Praza da Porta Nova.
Sras. Concelleiras e Sres. Concelleiros non queremos facer máis mobilizacións para impedir o “ Hito emblemático.
Apelamos á súa responsabilidade e ás súas obrigas para coa cidadanía de Ferrol, escoiten o seu clamor e voten de maneira unánime a paralización das obras. Oferten e abran unha mesa cidadá, con todos os axentes sociais, políticos e a participación cidadá para buscar unha solución, que ten que pasar de xeito inequívoco por unha Praza de España, por unha Praza da Porta Nova libre de edificacións.
Apelamos ó seu sentido común, á súa conciencia e o seu compromiso de servizo á cidadanía, para que voten a paralización inmediata das obras.
- Están vostedes cometendo unha ilegalidade e dando ás costas á cidadanía.
-Están vostedes construíndo a PRAZA mais fea e horrible do mundo mundial.
Ningún ferrolán quere ista PRAZA.
REXEITAMOS ESTA MALA IMITACION DUN DESGUACE DE BUQUES OXIDADOS.
POR UNHA PRAZA LIBRE DE TODO IMPACTO VISUAL !!
¡¡ Simplemente queremos UNHA PRAZA DE CALIDADE PARA USO E GOZO DE TODA A CIDADANIA !!
Moitas grazas.
Ferrol 29 de Marzo de 2007.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Praza da Porta Nova
Se o Alcalde dá a palabra esta será a Intervención no Pleno do Concello de Ferrol dos Convocantes ... pola Defensa do Espazos Públicos
xoves, marzo 29, 2007
Se o Alcalde dá a palabra esta será a Intervención no Pleno do Concello de Ferrol dos Convocantes ... pola Defensa do Espazos Públicos
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, marzo 29, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon