martes, marzo 27, 2007

Sobre o debate do Regulamento da PA21

De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 27 de marzo de 2007 11:06
Asunto: Regulamento da PA21


¡Hola ártabros! Un saúdo ártabro desde Recimil.

O pasado día 11 mandeivos un escrito sobre as enmendas presentadas ao borrador do Regulamento.

Hoxe quero ampliar aquelas opinións, porque coido que temos moito que debater neste asunto, coas consideracións seguintes:.

1.- Para comezar, habería que decidir se debemos ou non, ter un regulamento.

2.- Se decidimos que é necesario, hai que debater xa o borrador, porque levamos un ano funcionando e aínda non fumos quen de botalo a andar.

3.- Decía no meu anterior escrito que non tería problema en aceptar as emendas presentadas, para tentar de acadar un consenso. Malia todo, penso que a emenda que presenta Verdegaia non ten demasiado fundamento. Explícome:

Calquera que sexa o tema a debater nas nosa asembleas, antes de ser aprobado, deberá verificarse que cumple cos nosos principios de defensa do Patrimonio, da Ecoloxía, dunha Política xusta, democrática, participativa e responsable, e coa defensa dos espazos públicos e en contra da especulación.

Se o tema en cuestión reúne todos estos requisitos, e se toma a decisión de apoialo e defendelo, en ningún caso poderán prevalecer os intereses particulares dunha persoa ou dunha asociación ou entidad en particular, porque eso significaría botarse fora dos noso principios.

Esto xa se falou, porque xa sucedeu nunha ocasión, concretamente no caso da Resolución sobre Recimil. Se a defensa das Casas Baratas está dentro dos nosos principios, todos, sen excepcións debemos acatala.

Pois o mesmo ten que suceder con calquera outra cuestión a debater. Primeiro determinar se o tema entra dentro dos noso principios, e si cumple o establecido, hai que defendelo UNITARIAMENTE.

De calqueira xeito, non me opoño a eliminar o punto obxecto da controversia, aínda que a emenda paréceme que non é necesaria.

4.- Coido que Internet é unha ferramenta formidable para nos comunicar e debater os temas que nos preocupan. ¿Por que non escribimos todos as nosas opinións antes das asembleas? Se as opinións de cada membro da Plataforma chegaran a todos os demais, levaríamos o debate case feito e aforraríamos tempo, facendo as reunións máis breves.

Recibide de novo un “saúdo ártabro” desde Recimil. Vémonos Hoxe as 7 en Sartaña.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon