luns, marzo 12, 2007

Unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría entregoulle hoxe ao Presidente da Xunta información sobre a Planta de Gas de Reganosa

De: comitecidadan @ iespana. es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de Marzo de 2007 16:59
Asunto: Unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría entregoulle hoxe ao Presidente da Xunta información sobre a Planta de Gas de Reganosa


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol enviou hoxe por correo urxente un escrito ao Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Unha copia foi entregada en man á saída de Touriño dun acto realizado en Ferrol no edificio de Caixa Galicia.

Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Cidadan de Emerxencia para a Ría de Ferrol


A saída dun acto no que interviñera o Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia entregoulle unha copia, con selo de certificado de correo postal, do escrito que hoxe de forma urxente envióuselle, acompañando un DVD coa reportaxe realizada por TVE Liña 900, ademais de informarlle dos motivos polos que solicitouse á administración central competente que non autorice a entrada en funcionamento de Reganosa, polo que se solicita ao Presidente da Xunta de Galicia que non siga comprometéndose, revise a herdanza envenenada de Reganosa e desmárquese da mesma.

No escrito infórmase a Emilio Pérez Touriño que unha maior parte da poboación da Ría de Ferrol manifestou o seu total desacordo coa ubicación dunha planta de Gas Natural Licuado dentro da angosta Ría de Ferrol, que a empresa Reganosa está construíndo sen acreditar que cumpre coa lexislación vigente, nas proximidades de núcleos de poboación que suman mais de 100.000 habitantes, cuxa vida ameazaría en caso de entrar en funcionamento, co risco permanente dun accidente grave na planta ou nos buques gaseros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do Arsenal Naval Militar.

Tamén, que no caso de entrar en funcionamento, Reganosa ameazaría a destrución da riqueza natural da Ría, que é o medio de vida de preto dun milleiro de mariscadores, así mesmo sería un grave obstáculo para a Declaración de Patrimonio da Humanidade proposta para os Castelos e Arsenais, ademais de que provocaría perdas no patrimonio histórico e na potencialidade turística.

Deixaselle constancia que nun escrito enviado o Ministerio de Industria o pasado 27 de xuño de 2006, advertíuselle que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na súa autorización de construción de 13 de febreiro de 2004, sobre distancias de seguridade respecto de as poboacións próximas e para a saída de urxencia dos buques gaseros, polo que non estarían salvagardadas as persoas e os seus bens. Agora con este escrito denunciámoslle que Reganosa estes días está anunciando pola prensa a súa entrada en funcionamento para o próximo mes de xuño, pretendendo saltar os devanditos condicionados e implicar as administracións públicas en novas ilegalidades. Así o facemos constar cando aínda estamos a tempo de evitar unha traxedia.


Así mesmo que nunha resposta en setembro pasado no Congreso dos Deputados, o Goberno Central dixo que esixirá o cumprimento de todos os condicionados que Reganosa . Pero que estes días, segundo as prensa, co 97 % de obra realizada, Reganosa ten solicitada a autorización de funcionamento, tramite obligatorio segundo o Real Decreto 1254/2002. Polo que ante a ameaza que implicaría Reganosa para a vida humana nas poboacións próximas, e por ser totalmente contraria ao desenvolvemento sostenible da Ría de Ferrol, aos organismos competentes da administración central, estámoslles solicitando que non autoricen a súa entrada en funcionamento.

Para o seu coñecemento acompáñaselle unha copia dun DVD coa reportaxe de Liña 900 titulado “Un gasoducto no meu xardín”, cuxas imaxes son unha proba de que é imposible que Reganosa poida cumprimentar devanditos condicionados e que a Planta de Gas de Galicia debe ser situada en Cabo Prioriño, onde desde o ano 1994 existe unha ubicación idónea, no mesmo espazo onde se está construíndo o Porto Exterior, con suficiente illamento da poboación e onde se poden cumprimentar todos os requisitos aplicables, a tempo suficiente para que Galicia poida dispoñer dunha plataforma gasista.

Finalmente comunícaselle que consideramos unha falsedade o cualificar de estratéxica a Reganosa, o que estamos dispostos a explicarlle si nos concede unha entrevista. Por todo iso SOLICÍTASELLE que a Xunta de Galicia non siga comprometéndose, revise a herdanza envenenada de Reganosa e desmárquese da mesma con asesoramientos competentes para unha plataforma gasista que non ameace a vida da poboación, cunha Planta de Gas fóra da Ría de Ferrol, para o que existe polo menos unha solicitude presentada por un operador europeo no Ministerio de Industria en novembro de 2005, dunha planta de gas de 10bcm, é dicir, con catro veces mais capacidade que a de Reganosa, do que ten coñecemento a Conselleria de Industria da Xunta de Galicia.


O Alcalde de Ferrol, Juan Juncal, a un metro de distancia presenciou como a Delegación do Comité Cidadán falaba con Touriño e entregáballe o escrito. Juncal pediu que se lle dése unha copia, o cal se fíxo ao mesmo tempo que se lle dixo que con este escrito podíase aforrar o Pleno Municipal que polo tema de Reganosa tiña anunciado para esta semana, o cal Juan Juncal encaixou cunha riseira resposta de asentimento, poñéndose a ler o escrito, mentres que varios xornalistas presentes emitiron un sonoro sorriso.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon