De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de Abril de 2007 11:54
Asunto: Conferencia Santiago Carrillo 27 abril
Estimado/a amigo/a:
invitamos a Santiago Carrillo para pronunciar, o próximo día 27, unha conferencia en Ferrol. Coa súa presenza inicia Fuco Buxán un ciclo dedicado a exaltar o valor da Democracia e a necesidade de promover o seu desenvolvemento e profundización.
O ciclo leva por título "DEMOCRACIA E COMPROMISO", sendo a nosa pretensión o contribuír á convivencia de toda a cidadanía e normalizar as relacións interpartidarias, no respecto ás regras do xogo democrático.
O comportamento de certos sectores da dereita, estimúlanos a esta tarefa.
Por todo iso, invitámosche ao acto que se celebrará o 27 de abril ás 20 horas no Aula Magna da Facultade de Humanidades no Campus de Esteiro.
Ferrol, 24 de abril 2007
Manuel A. Rodríguez Carballeira
Presidente de "Fuco Buxán"
Asociación Cultural
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
martes, abril 24, 2007
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, abril 24, 2007
Tags
Artigos relacionados
- PRESENTACIÓN REVISTA RAZÓN SOCIALISTA Nº39 O xoves día 10 de decembro ás 19,30 horas,
- Ciclo "Democracia e Compromiso": Carlos Callón, Xosé Mª Dobarro e Xurxo Souto este mérc
- Ciclo "Democracia e Compromiso": Antón Losada este xoves 5 de maio, e vindeiros actos
- Concerto conmemorativo do 50 aniversario Ferrol 10 de Marzo de 1972Auditorio Municipal de
- Conferencia - Coloquio de Manolo Lago "Balance da Lexislatura. Milagre Económico?" [Cic
- Onte 14 de xaneiro de 2022, deixounos Marichy Cuadrado Caruncho, unha activista e militan
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon