De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 4 de Abril de 2007 16:24
Asunto: Demandan do concello extremar as medidas para garantir a igualdade e o respecto no trato a tod@s e evitar comportamentos xenófobos coa poboación inmigrante
ESQUERDA UNIDA-IU demanda do concello extremar as medidas para garantir a igualdade e o respecto no trato a tod@s e evitar comportamentos xenófobos coa poboación inmigrante
ESQUERDA UNIDA-IU quere denunciar unha práctica ilegal e profundamente xenófoba, que se ten repetido en varias ocasións nas últimas fins de semana na Praza de Ferrol Vello, onde xúntanse as fins de semana grupos de latinoamericanos, en especial ecuatorianos, para a práctica deportiva. Perante estas actividades, a policía ten estorbado e impedido o seu normal desenvolvemento, nun xeito de proceder que alomenos ten que ser tildado de xenófobo e ilegal.
Para ESQUERDA UNIDA-IU, o Concello ten que garantir que os seus funcionarios cumpran as súas funcións, e sirvan a cidadanía coa necesaria correción e eigualdade no trato. Neste senso a nosa organización quere preguntar ao concelleiro por estos feitos inaceptables, para que sexan esclarecidos e no seu caso sancionados.
Nós entendemos que sería inexcusable que esta lamentable conducta reproduxérase, pois indicaría que quizás o Concello non está vixiante para velar pola igualdade e o respecto a cidadanía, con indpendencia da orixe de cada quen.
Na nosa sociedade son uns poucos os que pretenden xerar comportamentos xenófobos e racistas entre nós. A inmensa maioría da poboación só anceia vivir en paz e con benestar. Resulta, pois, fundamental que os poderes públicos velen polo respecto aos dereitos das persoas, de todas as persoas.
Que nós saibamos a práctica deportiva lonxe de supor un ataque a convivencia pacífica, resulta un indicador de saúde recomendado pola OMS. Resulta tamén un dereito de tod@s nós, poder practicar deporte, e ninguén pode tentar incomodar ou impedi-lo sen incurrir nun delicto.
ESQUERDA UNIDA-IU está comprometida coa construcción dunha sociedade de iguais en liberdade e cos mesmos dereitos. Non imos retroceder nas nosas demandas de que cantos con nós viven e traballan teñan os mesmos dereitos, con independencia da súa situación administrativa. Neste caso ademáis os cidadáns latinoamericanos cumpren esa legalidade policial e represora que adoitamos chamar lei de estranxeiría, a cal nega a centos de miles de inmigrantes o exercicio dos dereitos humanos ( reunión, asociación, folga,... e restrinxe outros caso da educación ).
Queremos aproveitar para que cando a nosa sociedade afronta un novo proceso electoral, onde nós imos exercer o dereito cidadán de voto, para pedir unha reflexión e un compromiso pola igualdade e a xustiza. Temos que conquerir que aqueles que viven e traballan con nóa acaden o dereito de voto, alomenos nas municipais. Non será libre unha sociedade que lle nega o dereito a unha parte dela; e hoxendía, os inmigrantes – responsables de crear riqueza e de facelo en condicións a miudo de sobreexplotación laboral – o son, o deben ser con todas as consecuencias.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Denuncias
Dereitos Humanos
EU-IU
Ferrol Vello
Demandan do concello extremar as medidas para garantir a igualdade e o respecto no trato a tod@s e evitar comportamentos xenófobos con inmigrantes
mércores, abril 04, 2007
Demandan do concello extremar as medidas para garantir a igualdade e o respecto no trato a tod@s e evitar comportamentos xenófobos con inmigrantes
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, abril 04, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentarios so far
Hecho de menos, la destreza que adquieren algunas personas de observar el mundo con mirada crítica pero discreta, que evitan caer en banalidades ociosas a costa de profundizar en la distancia que separa un término medio entre dos extremos injustos, el uno por exceso y el otro por defecto.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon