De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de Abril de 2007 11:17
Asunto: Lamentan a incompetencia municipal e demandan un novo convenio con Defensa
ESQUERDA UNIDA-IU LAMENTA A INCOMPETENCIA MUNICIPAL E DEMANDA UN NOVO E AMBICIOSO CONVENIO CON DEFENSA
ESQUERDA UNIDA-IU quere facer constar perante a cidadanía que o paso do tempo veu a darnos a razón. Cando no arranque da lexislatura municipal, se levou por parte do equipo de goberno a Pleno a proposta de convenio co Ministerio de Defensa, a nosa organización fixo toda unha serie de críticas ao proxecto, que hoxe revélanse certeiras.
Cando o Pleno de 23 de outubro de 2003, ESQUERDA UNIDA-IU anotou no debe do proxecto graves carencias que comprometían o porvir urbanístico da nosa cidade. Non só lamentamos presas e denunciamos o secretismo no tramo negociador.
Nós apuntamos que a negociación non se fixo entre iguais, entre dúas administracións públicas interesadas en mellorar aspectos esenciais da vida cidadá como os que relacionan urbanismo, equipamentos e espazos verdes; lonxe de tal perspectiva – que debe ser non só a nosa, senón a de calquer responsable público -, o Ministerio era o que nos dictaba o cómo e o cando para facer as oportunas modificacións no planeamento urbanizador,asemade de marcarnos os prazos de execución.
A nosa organización denunciou entón que o Concello non aproveitaba para achegar unha proposta de convenio realmente ambiciosa para interrelacionar equipamentos, patrimonio, e espazos verdes, conxugados nunha proposta urbanizadora que abrise a cidade ao mar, e que permitira a desmontaxe dunha vella hipoteca, pola cal Defensa condiciona o desenvolvemento urbanísitoco de Ferrol. Nós rexeitamos en solitario un convenio que nos pareceu menor, e que co paso do tempo quedou en nada.
O exemplo do que puido ser o non foi deben estar na memoria de tod@s: a operación no Sánchez Aguilera limitabaa somentes unha parte os usos deste espazo, que para a nosa organización debe ser concebido nunha renegociación como o espazo verde do centro urbano, espazo para o esparcimento e os usos culturais. Outro caso que non podemos deixar de lembrar acerca das non realizacións dun goberno muncipal en bancarrota política, resulta do fracaso de ter deixado morrer catro anos sen dotar a esta cidade dunha residencia universitaria ( equipamento central para poder desenvolver un campus universitario e que aínda por riba só reporta beneficios a cidade en termos poboacionais e de vida cidadá ). Ou a cuestión do paseo dos Irmandiños, onde o único que facía o convenio era consignar unha realidade de hai moitos anos, en canto a o uso como paseo do mesmo. Sen obviar o reparto desequilibrado das plusvalías a xerar polo desenvolvemento do convenio.
Cómpre non esquencer neste somero repaso a un convenio difunto, un punto importantísimo que axudou a bloquear o convenio aínda nas súas posibilidades menores: o goberno municipal concebiu o convenio como uha ferramenta para poder edificar de xeito desmedido, o que conlevou o exceso de edificabilidade; nada novo para este goberno municipal entregado a edificar sin tasa en calquer espazo público relavante, v.gr. Praza de España.
ESQUERDA UNIDA-IU reitera, pois a súa valoración negativa da pésima xestión do goberno municipal, valoración racional – respaldada pola defunción dun convenio que ´so a nosa organización política dixo que non valía.
ESQUERDA UNIDA-IU hai xa cinco meses, en rolda de prensa, defendeu a necesidade dunha renegociación ambiciosa do convenio, que permita a nosa cidade dotarse duns espazos que xenerosamente tiveron noutrora usos militares, e que deben retornar a enriquecer a vida cidadá de Ferrol, nunha trama urbana de espazos públicos, equipamentos de calidade e espazos verdes
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
mércores, abril 11, 2007
Lamentan a incompetencia municipal e demandan un novo convenio con Defensa
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, abril 11, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon