sábado, abril 07, 2007

Presentación do Observatorio do GNL

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de Abril de 2007 12:45
Asunto: PLANTA DE GAS FORA DA RIA DE FERROL - CANCELACIONES -


PREGAMOS A MAXIMA DIFUSION A PERSOAS E ORGANISMOS INTERESADOS. Grazas.

Ola de novo:

Hoxe enviamos un novo comunicado que chamaremos OBSERVATORIO do GNL. e pretendemos demostrar que o negocio do Gas Natural Licuado "cheira mal". Aquí en Galicia despois de que os medios de comunicación difundisen aos catro ventos a urxente necesidade da planta de gas e que por esta razón non podían esperar a que se finalizase o porto exterior, (lugar adecuada de ubicación tal como fíxose en las demais plantas españolas) agora resulta que non teñen clientes e queren "exportar" o gas natural á meseta.

Tamén os mesmos medios dixéronnos que ía supoñer o fin da "lacra do paro" de Ferrolterra e que ademais non ían utilizar a auga de mar para regasificar o GNL. Agora resulta, que ademais de non erradicar esa lacra do paro, con esta vaporización con auga de mar (máis de 300.000.000 de litros ao día impregnado con hipoclorito sódico - ou sexa lejía-) enviarán ao paro aos 700 mariscadores da ría. E aquí non pasa nada.

Pero, non nos cabe nin a máis mínima dúbida que os xuíces van impedir o funcionamento desta planta . Estamos abertos aos COMENTARIOS, SUXESTIÓNS e CRITICAS que se puidesen realizar sobre o xeito de paralizar esta ilegal planta de gas. Os comentarios pódense facer en ferrol.cape@gmail.com

Rogamos aos profesores universitarios de Sociología e Dereito que analicen detidamente este "caso" pois nel atoparán traballo de campo suficiente para unha tese doctoral. Estamos á vosa disposición.

Saúdos a tod@s do blog www.f-cape.org ¡ NON QUEREMOS OUTRO "NUNCA MAIS" e menos en Ferrol!

Realiza: Colectivo universitario opositor á planta de GNL dentro de Ríaa de Ferrol

OBSERVATORIO DO GAS NATURAL LICUADO (GNL):

- ÚLTIMAS CANCELACIÓNS DE REGASIFICADORAS DE GNL


www.f-cape.org, blog opositor a la ubicación de la planta de Gas Natural Licuado dentro de la Ría de Ferrol


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon