OBSERVATORIO DO GAS NATURAL LICUADO (GNL)
ÚLTIMAS CANCELACIÓNS DE REGASIFICADORAS DE GNL
British Gas vai ter que descartar ou reconducir os seus plans da Terminal de GNL de Brindisi en Italia (23 Marzo 2007)
British Gas vai ter que abandonar ou reconducir os seus plans da Terminal de GNL de Brindisi, un porto ao sur de Italia. De acordo co manifestado polo Ministro de Medioambiente a autorización de construción emitida no 2003 violaba as reglamentaciones italianas e europeas posto que non se realizou o Estudo de Impacto Ambiental. Nunha reunión próxima entre o ministro de Medioambiente, o de Economía así como coas autoridades municipais de Brindisi e da rexión de Puglia determinarase a anulación do decreto de autorización.
O pasado mes a policía detivo ao presidente do Grupo British Gas de Italia, aos dous directores anteriores da planta e ao anterior ALCALDE de Bindisi e procedeu ao precintado das obras da planta como un paso previo ao proceso de investigación da corrupción. Esta planta estaba "apoiada" por Silvio Berlusconi e Tony Blair.
Enlazar -1-
Chevron cancela a planta de GNL de Illas Coroado (Baixa California) Méjico (14 marzo 2007)
CHEVRON Co. cancela os plans de construción dunha Terminal de GNL a situar na costa do pacífico nun lugar coñecido como Illas Coroado e logo de catro anos de dura oposición dos medio ambientalistas debido ao alto valor ecolóxico da zona e a presenza de animais protexidos. Considerouse un éxito por todas as organizacións opositoras. Unha das principais razóns da oposición débese ao sistema de vaporización que utiliza a auga de mar, tal como ten previsto realizar REGANOSA, pero ¡dentro de ríaa e con limitada renovación de auga!
Enlazar -2-
Enlazar -3-
(Nota de www.f-cape.org: Nesta zona xa se cancelaron dúas Terminales de GNL. Unha proposta por Marathon Oil , na fronteira con EE.UU zona de Tijuana por razóns de proximidade a poboacións e onde o propio gobernador do estado enfrontouse á gasista. A outra, proposta por Conoco-Phllips propoñíase situar en Rosarito a 15 millas ao sur de San Diego).
A cidade de Long Beach cancela unha Terminal de Gas Natural Licuado. (23 Xaneiro 2007)
Logo de catro anos de estudos, as autoridades de Long Beach puxeron fin a un controvertido proxecto energético que se pretendía situar nunha zona ociosa do porto. Por votación unánime os conselleiros da Autoridade Portuaria decidiron retirar a súa autorización previa.
Enlace -4-
Shell abandona o proxecto da Terminal offshore de Gulf Landing (29 Marzo 2007)
Shell anunciou que cancela o proxecto offshore de almacenaje e regasificación de nome Gulf Landing situado a 38 millas ao sur de Cameron no estado de Lusiana. Shell explica que xa hai terminales suficientes para fornecer gas natural á zona. Este proxecto fora clasificado polos medio ambientalistas como un exemplo de degradación do ambiente mariño polo sistema de vaporización mediante auga de mar.
(Nota de www.f-cape.org: O mesmo sistema de regasificación que propón utilizar Reganosa)
Enlace -5-
Enlace -6-
__________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Planta de Gas: fóra da Ría
Reganosa
Observatorio do GNL: Últimas cancelacións de regasificadoras de GNL
sábado, abril 07, 2007
Observatorio do GNL: Últimas cancelacións de regasificadoras de GNL
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, abril 07, 2007
Artigos relacionados
- Colectivo Ártabra 21
- Tendo en conta o conflito en curso en Ucraína, case parece non apropiado discutir outros
- De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-Para: artabra21@gmail.comData: 12 de fevereiro de
- Localización dunha Planta de Gasdentro da Ría de FerrolMiguel Fernández e Fernández, Almi
- De: Ferrol CAPE Para:artabra21@gmail.comData: 11 de março de 2008 09:43Asunto: ACTIVIDADE
- Este mércores 9 de xaneiro de 2008, entrou na Ría de Ferrol un novo buque gaseiro, o LNG
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon