xoves, maio 24, 2007

Acordos da Asemblea Cidadá do 23 de maio de 2007: Escritos de autoinculpación e outros acordos e valoracións

De: CCE -comitecidadan@iespana.e-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de Maio de 2007 03:05

Asunto: Escrito de autoinculpación e acordos da Asamblea Cidadan.


Acordos da Asemblea Cidadá do 23 de maio de 2007. Comité Cidada de Emerxencia para a Ría de Ferrol , 24 de maio de 2007

Como preámbulo informouse da campaña sucia da Voz de Galicia, que parece A Voz de Reganosa, acusando a debilidade dos promotores de Reganosa, ante as actuacións últimas do CCE que romperon os muros de silencio dos últimos oito anos. A lancha con gasolina que onte mércores salio en primeira pagina da Voz de Galicia, era unha lancha nodriza par encher gasolina as distintas lanchas no bloqueo do metanero Galicia Spirit. Así mesmo de que a Conselleria de Industria esta dicindo que coas nosas actuacións estamos atrasando a chegada do gas natural aos particulares, o cal e falso porque os particulares non recibirán nin un gramo de gas natural de Reganosa, porque en la planificación energética só contempla fornezo aos ciclos combinados de Endesa e FENOSA.

Denuncia da Garda civil e autoinculpacións

En relación coa denuncia a varios mariscadores por un atestado da Garda Civil, nos que se lles imputa desobediencia no bloqueo do metanero Galicia Spirit o pasado 7 de maio, acordouse:

a) Rolda de prensa ás 12,30 no Ateneo Ferrolán para explicar os acordos.

b) Inicio o día 24 de maio da autoinculpación nesa denuncia por parte de cidadáns/ás en xeral (ás 13,00 no rexistro do Xulgado de Ferrol. (horario dese rexistro ata as 15,00) Entregouse escrito de autoinculpación e repartíronse cen exemplares. Unha boa parte foi asinada na Asemblea para entregar este xoves ás 13,00 por unha representación do CCE, acompañada dos que queiran asistir a entregar os seus escritos.

Acordouse un prazo dunha semana ata o xoves da semana próxima para recoller escritos asinados de autoinculpación.

Quen leven o escrito directamente ao rexistro dos Xuzgados de Ferrol, rógaselles deixen copia, con selo de entrada, no Ateneo Ferrolano ou a un membro do CCE.

Quen non poidan ir ao rexistro do Xulgado de Ferrol, teñen a opción de deixar o escrito asinado no Ateneo Ferrolán.

Para persoas doutras cidades poden presentalo no rexistro do xuzgado da súa cidade, ou envialo por correo postal ao Ateneo Ferrolán, para que se lle presente no Xuzgado de Ferrol.

Actuacións para que non entre na Ría un segundo buque metanero cargado de GNL.

O vindeiro venres 25 de maio a pleamar diurna é cara ás 12:45, pero non se ten confirmada a chegada do metanero. Estarase atentos por se ese dia ou seguintes tense noticia da súa chegada e avisarase para unha reunión no Porto de Ferrol.

Como información se entregou copia da pagina 4 das normas elaboradas pola Capitanía Marítima de Ferrol para a entrada de metaneros cargados de GNL e para a súa saída. Esta pagina é unha proba documental de que un metanero como o Galicia Spirit non podería saír ao mar rapidamente e polos seus medios tal e como require a norma EN-1532. E unha proba dun dos condicionados que ten Reganosa impostor na súa autorización de construción e imposible de resolver. Por tal motivo non é legal a acta de posta en servizo parcial para probas asinada na Coruña o 4 de mallo pasado por Francisco Barroso Palomino, Director do "Area de Energia e Industria", organismo provincial dependente do Ministrerio de Industria.

Nesa páxima 4 das Normas elaboradas pola Capitanía Maritima consta como fondeadero de urxencia o de Santa Lucia, o lado dos peiraos onde descargou o Galicia Spìrit e moi preto do barrio das casas baratas de Mugardos e tamén preto do barrio de Ferrol Vello da cidade de Ferrol.

Esa páxina 4 das normas de 27 de abril feitas pola Capitanía Maritima, tamén proba a irresponsabilidade temeraria e tansgresora das autoridades que autorizaron a entrada do metanero Galicia Spirit, particularmente do Delegado do Goberno que ordenou o emprego das forzas antidisturbios e a Garda Civil para que un metanero entrase dentro de Ría de Ferrol ameazando a vida de miles de persoas.

Escrito de autoinculplación no
AO XULGADO DE INSTRUCCIÓN Nº 3 DE FERROL
Procedemento abreviado nº 443/2007


__________________


Estrea do Documentario
"O Salario do Silencio"
Sobre a Planta de Gas
que construe REGANOSA
na Ría de Ferrol

Venres 25 de Maio, ás 8 da tarde
Salón do Vicereitorado
Campus de Esteiro – Ferrol
Realizado por:
Mabel Rivera e Enrique Banet
Producción: Namche Film, S.L.
Entrada libre.
Prégase difusión.

3 comentarios

Síntome moi orgullosa da cidadanía de ferrol e os colectivos que loitan contra a planta de gas! porque esto é un escándalo e unha vergoña! que nos están a facer coa nosa terra! dan gañas de chorar!
pero tamén quero denunciar o uso político que se está a facer co tema por parte de algún partido político, que promete cousas que non pode cumprir, reubicar reganosa no porto exterior? oxalá se podese pero por desgraza non a move de mugardos nin deus! hai que ser realistas ou a tragamos ou se pecha!
POLO PECHE DA PRANTA XA!
todo iso é a miña humilde opinión!

GRAZAS DE TODO CORAZÓN A ESTES COLECTIVOS!

Noraboa a tódolos ferroláns. Entre todo, fixémoslles ver a Facha Fernández (un fascista corruto e ex-militante do Partido Popular) e a Gordo Juncal (un triste personaxe) de que non se poden facer peor as cousas. Aínda así, houbo xente que tiña os ollos fechados e votáronlles ao PP e a IF.

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=166&idNoticia=171222

¡¡REGANOSA FORA DA RIA!!

O de que en Ferrol ainda hai xente cos ollos fechados non e nada novo... e seguiran....e seguiran votando aos Pepes a tamen a IF,... gañaron os Pesoitos aver agora como vai o asunto,.... os do bloque non sei que carallo fan defendendo reganosa a verdade e asi lles foi que EU picou de mais


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon