xoves, maio 10, 2007

Polo futuro do noso mar: planta de gas fóra da Ría, 9 de maio de 2007

De: Antonio Gª
-angaji@yahoo.com-
ADEGA-TRASANCOS

adegatrasancos@adega.info
Para: artabra21@gmail.com

Data: 10 de maio de 2007 11:11

Asunto: Polo futuro do noso mar: planta de gas fóra da ría, 9 de maio de 2007


Polo futuro do noso mar: REGANOSA fóra da ría, 9 de maio de 2007

galispirit.jpg Ferroltera arrastra un déficit histórico nas infraestruturas: onte o tren, hoxe as EDAR... Pola contra, a comarca perdeu miles de postos de traballo e a ría ficou convertida nunha cañeira. O recente peche de amplas áreas ao marisqueo é reflexo da desfeita ambiental consecuencia de políticas alleas ao medio e á sociedade. Agora coa entrada do primeiro metaneiro, irónicamente chamado Galicia Spirit, consúmase un novo atentado contra o mar e o futuro da ría de Ferrol.

bloqueo2.jpg Que ninguén nos supoña en contra do progreso. En ADEGA avogamos sempre pola promoción das enerxías renovábeis asumindo, como paso intermedio, a progresiva substitución das térmicas de carbón polos ciclos combinados.
Pero a instalación de REGANOSA dentro da ría resposta só a intereses empresariais, poñendo en perigo o dereito á saúde e a un medio ambiente san da cidadanía, alén do medio de vida de numerosas persoas.

A ubicación en Mugardos da regasificadora resposta a un intento de aforrar custos por parte da empresa a costa de que a sociedade asuma un alto risco. Sempre mantivemos que a ubicación menos mala era o porto exterior, e seguimos pensando que esta opción aínda é posíbel.

humb1.jpg E por isto que ADEGA chama á poboación de Ferrolterra a opoñerse ao seguinte chanzo que pretende facilitar o trasego de metaneiros pola bocana: a voadura dos baixos na entrada da ría. Este feito constituiría un novo atentado ecolóxico, na xa longa lista de agresións e irregularidades deste caso, polo que hoxe máis que nunca seguimos a exixir unha REGANOSA fóra da ría.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon