Denuncia de Carlos A. Lareo Porral Comisionado para Catástrofes do 061 en Ferrol, ante Francisco Barroso Palomino, Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña
________________
O mais abaixo asinante, CARLOS A. LAREO PORRAL, con DNI: XX.XXX.XXX-X, Enfermeiro do servizo de Urxencias Sanitarias-061 de Ferrol, na súa condición de Comisionado para Catástrofes polo citado servizo:
EXPÓN:
Que non lle consta que se tomaron medidas de ningún tipo para prever calquera accidente na planta de gas de Reganosa en Mugardos, e que polo tanto non foi informado este servizo de urxencias sanitarias sobre a existencia de operativos dispostos para tal fin, a pesar de comunicar persoalmente ao concello de Mugardos os riscos que tal industria carrexa por estar anexa aos núcleos de poboación.
Así mesmo fíxose entrega por parte do que subscribe, do Manifesto dos Profesionais de Emerxencias e Urxencias, non só ao alcalde do Concello de Mugardos, senón tamén ao de Ferrol, para testemuñar así que "estase xerando un RISCO INNECESARIO DE CATÁSTROFE, contra a cal, practicamente non caben plans de evacuación oconfinamiento da poboación, dado o elevadísimo e total poder destrutor da mesma" a causa do GNL almacenado, ben nos tanques e/ou sobre todo, nos buques gaseros que entrarán á ría de Ferrol cada poucos días.
Xa que logo, quero denunciar aquí que non coñezo ningún dispositivo de seguridade implementado para prever unha eventual catástrofe, por parte dun ou outro Concello. En Ferrol convocóusenos para explicarnos a posta en marcha da elaboración do PEMU (Plan de Emerxencias Municipal) por mor da nosa denuncia pública (véxase Diario de Ferrol, 8 de marzo de 2006), pero aínda segue pendente de ser elaborado por unha empresa contratada para tal fín. Non se nos informou de nada mais, a pesar de habelo solicitado e non puidemos, polo tanto, incorporar propostas ou alegacións, xa que non se nos participou nada da súa suposta elaboración. Tampouco sabemos se se elaborou finalmente o citado PEMU. En todo caso, este é un plan de emerxencias para Ferrol, e non para prever os riscos de Reganosa.
Polo tanto, denuncio aquí que non me consta que as autoridades competentes tomen as medidas necesarias de seguridade civil cando estamos a poucas datas da entrada en funcionamento da planta de gas e da chegada de buques altamente perigosos ao interior da ría de Ferrol, cargados con 140.000 m3 de GNL, e a escasos 500 metros de grandes núcleos de poboación.
Denuncio que descoñezo cal é o sistema de Xestión da Seguridade e a Política de Prevención de Accidentes Graves que se debe haber implementado para Reganosa, pois ao servizo de urxencias médicas ao que pertenzo non se lle participou de nada respecto diso.
Gustaríame que Reganosa e as autoridades demostren que identificaron todos e cada un dos riscos potenciais, que se tomaron as medidas correctoras necesarias para evitalos e para limitar as súas consecuencias, dentro e fóra do area industrial, elaborando os correspondentes estudos de seguridade e xestión de riscos.
Gustaríame que demostrasen que o deseño, a construción, a explotación e o mantemento das instalacións, equipos, almacenaxe e infraestruturas ligadas ao seu funcionamento presentan seguridade e fiabilidade suficientes.
Para rematar declaro que descoñezo os plans de emerxencia internos e os Plans de Emerxencia Externos, a pesar de que habelo comunicado no seu día aos Alcaldes de Ferrol e Mugardos, á Dirección de Protección Civil da Xunta de Galicia e do Estado español (este via e-mail), e á Presidencia e Vicepresidencia da Xunta de Galicia, entre outros, de que se están incumprindo as distancias mínimas que calquera somero análise de riscos aconsellaría.
Por todo o cal, en conciencia, expoño o aquí mencionado, para que sirva de testemuño persoal ante a situación de risco que se está xerando coa localización desta planta de descarga, almacenaxe e regasificación de GNL nos arredores de núcleos poboacionais densamente habitados, sen que se dote aos mesmos de operativos de seguridade necesarios, suficientes e mínimos.
O que subscribe traslada a responsabilidade do que suceda á empresa e ás autoridades que llo permiten. Os profesionais de Emerxencias e Urxencias fixeron o mesmo coa firma maioritaria do manifesto que se achega.
E asino a presente a 20 de Febreiro, para que conste e expóñase onde sexa necesario ou preciso.
Sen outro particular.
Carlos A. Lareo Porral
Comisionado para Catástrofes do 061 en Ferrol
_________________
Enlace co documento de referencia:
Resposta de Francisco Barroso Palomino, Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña, dependente do Ministerio de Industria
____________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Planta de Gas: fóra da Ría
Reganosa
Denuncia de Carlos Lareo, Comisionado para Catástrofes do 061 en Ferrol, ante Francisco Barroso, Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña
martes, xuño 19, 2007
Denuncia de Carlos Lareo, Comisionado para Catástrofes do 061 en Ferrol, ante Francisco Barroso, Director da Área de Industria e Enerxía da Coruña
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, xuño 19, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon