De: Carmelo Teixeiro
-carmeloteixeiro@iespana.es-
-comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de Junho de 2007 21:38
Asunto: Entrevista en TVG; fotos dos vertidos de sopa química que saen de Reganosa; xuntanza do CCE e situación da liberdade para Bernardo Bastida, pendente da decisión do Xulgado nº 6 de ferrol
Entrevista en TVG; fotos dos vertidos de sopa química que saen de Reganosa; xuntanza do CCE e situación da liberdade para Bernardo Bastida, pendente da decisión do Xulgado nº 6 de ferrol
ENTREVISTA NA TVG: AO COORDENADOR DO COMITÉ CIDADÁN
"Na páxina Web da TVG (en Television á carta) ou na do Comité Ciudadán http://comitecidadan.org , pode verse a entrevista realizada na maña do mércores 13 de xuño de 2007, en directo, no informativo matinal de TVG titulado BOS Días, cunha duracción de dez minutos.
Entrevista na TVG
Notas aclaratorias da entrevista.-
Carmelo Teixeiro prefireu non perder tempo en correxir o nome que se lle asignou de Presidente do Comité Cidadán de Emerxencia, o cal non e corectro, xa que é o de Coordinador.
Tamén sinalara que as cifras que menciona de auga do mar que Reganosa pretende usar, "300.000 toneladas e 600.000 toneladas", son cifras redondeadas por día. A primeira cifra corresponde a capacidade de Regasificación de 322.500 m3/hora que consta na autorizacion a Reganosa para a que precisaría duns 43 barcos ao ano, un cada 9 días. A segunda cifra correspondería a ampliación que pretende de 800.000 m3/hora para o que precisaría susministro dunhos 105 metaneiros ao ano, un cada tres días de 140.000 m3,.
Admais de respostar claramente a situación de Bernardo Bastida nese momento, nesa entevista Carmelo Teixeiro tratou de aportar un contido claro de que REGANOSA non e estratéxica, e tamén de que a súa Planta de Gas aínda non está feita, para saír ao paso de persoeiros que están equivocados uns e outros queren enganar á poboación e tamén enganarse a si mesmos. Ademais nesa entrevista trata de aportar as claves de como pode e debe ser resolto, a favor da poboación e dos intereses de Galicia, o conflicto social que REGANOSA ven formulando desde hai case dez anos.
SOPA QUÍMICA: VERTEDURAS DE REGANOSA
As fotos que se achegan son dos vertidos de REGANOSA nunha das súas probas cando estaba descargando o metaneiro Mourad Didouche. Na escolleira e próximo a costa está a descarga dos vertidos, un tubo de dos metros de diametro, de onde sae a "sopa química de auga de mar esterilizada con restos de cloro e bisulfito". Nesas probas debe saír unha cantidade menor da que corresponde a vaporización nominal, é dicir, como son probas ese vertido pode estar moi por debaixo dos 11.000 m3/hora correspondentes aos 322.500 m3/hora de gas natural regasificado que constan na autorización de REGANOSA como capacidade nominal.
CONTENCIOSOS CONTRA REGANOSA
Na súa reunión semanal deste martes pasado, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol deu un repaso aos últimos contenciosos administrativos en trámite, un contra o proxecto de verteduras de Reganosa aprobado por Augas de Galicia, organismo autonómico dependente da Consellería de Medioambiene e sobre o cal estes días estanse tomando fotos da "sopa química" con costra de espuma que sae da descarga de verteduras no dique oeste dos peiraos de Reganosa, e que non é continua xa que se supón prodúcense nas horas nas que realizan probas de regasificación con vaporizadores tipo ORV que teñen capacidade para usar 11.000 toneladas por hora de auga do mar que sae esterilizada, con restos de cloro e de bisulfito sódico. Se esta pendente de tomar mostras para analizar eses verteduras.
RECURSO DE ALZADA: CONTRA A AUTORIZACIÓN EN PROBAS
Así mesmo informouse do recurso de Alzada que estes días presentouse en Madrid ante o Ministerio de Industria contra o acta de 4 de maio asinada por Francisco Barroso Palomino, Director da área de Industria e Enerxía da Coruña, pola que autorizou a irregular posta en servizo parcial por tres meses de Reganosa sen que teña resoltos os condicionados de distancias á poboación e de saída de emerxencia de buques gaseiros aos que está suxeita a súa autorización de construción, coa ameaza que iso supón para a vida da poboación da Ría.
AVALIACIÓN: MARCHA A TEIXEIRO
Tamén se analizou e valorou como moi positiva a repercusión que en todos os medios tivo a marcha a pé que organizado pola Confraría de Pescadores de Ferrol, foi realizada ata o cárcere Provincial de Teixeiro, desde os días 8, 9 e 10 de xuño, reclamando a liberdade para Bastida e na que se estima unhas mil persoas participaron nos últimos quilómetros do percorrido e na concentración na praza-aparcadoiro do penal.
ENTREVISTA RADIOFÓNICA NA SER: A PATRICIA GABEIRAS
Igualmente valorouse moi positiva a entrevista na radio SER realizada o luns por Gema Nierga a Patricia Gabeiras, cara ás seis da tarde no faladoiro na que se atopaban Santiago Carrillo e Herrero de Miñon, na que ao longo duns 12 minutos falaron do conflito social que supón Reganosa coa súa pretensión dunha Planta de Gas dentro da angosta Ría de Ferrol, no que Miguel Herrero de Miñon pediu facilitáseselle mais información xa que desexaba escribir sobre iso, considerando que a defensa do medioambiente é algo esencial a defender, afirmando que a ameaza de Reganosa é máis fácil de evitar, que os problemas que a nivel mundial están expostos co cambio climático. Finalmente nesta entrevista na Radio SER, Patricia Gabeiras informou da prisión incondicional sen fianza na que desde o 30 de maio atópase Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, coa acusación de desobediencia á autoridade. Herrero de Miñón manifestou que lle parecía unha barbaridade xa que por desobediencia á autoridade habería que meter no cárcere á metade da poboación española.
SITUACIÓN XUDICIAL DE BERNARDO BASTIDA
En canto á situación de Bernardo Bastida o Comité Cidadán deuse por informado de que a Xuíz do Xulgado nº 6 ten que tomar unha decisión este mércores ou xoves sobre o chamado “recurso de reforma e subsidiario de apelación” que o noso avogado presentou contra o auto nº 818/2007 de cinco de xuño polo que dita Xuíz ratificou a prisión provisional sen fianza que o día 30 de maio acordara o Xulgado nº 7. A parte de reforma do recurso quere dicir que se lle pide á Xuíz que deixe en liberdade a Bernardo Bastida. Se non o deixa en liberdade automaticamente o recurso convértese en apelación á Audiencia Provincial. Xa que logo estamos todos á espera do que dita Xuíz decida, nas próximas 24 horas, se deixa en liberdade a Bastida ou se opta pola súa continuidade na barbaridade de prisión incondicional.
POSÍBEL ENTRADA DUN NOVO GASEIRO
En relación cun posible terceiro gasero, o CCE deuse por informado das conclusións onte da Asemblea da Confraría de Pescadores de Ferrol, no sentido de que se Bastida continuaba en prisión tratarían de impedir a entrada dese terceiro gaseiro cargado de GNL, así mesmo que se Bastida quedaba en liberdade estes días, que se reunirían de novo en Asemblea para tomar as decisións que lles parezan procedentes.
AVALIACIÓN DA PASADA ASEMBLEA CIDADÁ
En canto á Asemblea Cidadá da semana pasada, o CCE valorou como moi positivas as distintas intervencións e iniciativas, entre elas a posibilidade dunha gran manifestación para este mes de xuño. Así mesmo que para o caso de que un terceiro gaseiro intente entrar na Ría de Ferrol cargado de GNL, o CCE considera que a Asemblea Cidadá xa avaliou tal posibilidade. Finalmente á espera do que estes días resolva a Xuíza do Xulgado nº 6 en relación coa liberdade de Bastida, postgeriormente o CCE continuará sua reunión, para tamén analizar o novo escenario resultante, tendo en conta de que desde a Conselleria de Industria por unha banda, e pola de Pesca por outra, parecen estar a codazos facendo intensos esforzos por minimizar o conflito de Reganosa, coma se fose soamente un problema dos mariscadores.
__________________________
Para contactar co Comité Cidadán de Emerxencia Para a Ría de Ferrol
O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
A súa web: http://comitecidadan.org/
________________________
Case todas as noticias que se producen con respecto a REGANOSA
Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA
Actualizado: Xoves, 14 de xuño de 2007, ás 08:30 hrs.
_______________________
Publicado o FUNDAMENTO 4º que invalida técnica e legalmente a localización da planta que está construíndo REGANOSA na Ría de Ferrol
_____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon