venres, xuño 08, 2007

Marcha na defensa da Ría e pola liberdade de Bernardo Bastida

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de xuño de 2007 02:19
Asunto: Marcha na defensa da Ría e pola liberdade de Bernardo Bastida


[Podese ampliar a imaxen da esquerda clicando acima dela]

Este venres 8 de xuño, cara ás 15:30 horas, desde Ferrolvello no Porto de Ferrol e diante do edificio da Autoridade Portuaria, terá lugar a saída da marcha a pé solidaria con Bernardo Bastida, Patrón Maior do Confraría de Pescadores de Ferrol, en prisión desde o pasado 30 de maio.

Tal marcha solidaria, foi un acordo da Asemblea Extraordinaria da Confradía de Pescadores de Ferrol, o mércores 6 de xuño, para realizala a pé desde o peirao de Ferrol cun percorrido total de 89 quilómetros ata as proximidades do cárcere de Teixeiro, a fin de manifestar publicamente que Bernardo Bastida sexa posto en liberdade canto antes.

Dita marcha a pé, realizarase en tres etapas de 19, 42 e 28 quilómetros, por todos os mariscadores, pescadores e outros cidadáns que se inscribiron para a totalidade do percorrido, mais os que nos distintos concellos por onde discorra desexen acompañar en parte do percorrido dos concellos de Ferrol, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Coiros e Curtis.

A saída da marcha a pé en Ferrol realizarase no peirao de Curuxeiras cara ás 15:30 horas do venres 8 de xuño, con chegada final en Teixeiro prevista para o domingo 10 de xuño cara ás 15:00 horas. Na primeira etapa desde Ferrol a Pontedeume o percorrido de 19 quilómetros realizarase pola N-651, con chegada cara ás 20:00 horas e pasarrá a noite no pavillón municipal próximo ao porto de Pontedeume que xa foi solicitado ao Concello.

O sábado 9 de xuño a segunda etapa terá a saída ás 7 da mañá para camiñar un primeiro tramo de 29 quilómetros pola N-651 ata Betanzos con chegada prevista cara ás 13 horas, onde se realizará unha parada para comer. Cara ás 15:00 horas será a saída de Betanzos para un segundo tramo de 13 quilómetros ata o lugar de OIS no concello de Coirós, onde se pasará a noite nun pavillón cuberto.

A terceira etapa, o domingo 10 de xuño, con saída cara ás 7 da mañá de OIS, consiste nun tramo de 15 quilómetros na súa maior parte pola Nacional 6 ata Montesalgueiro, onde se sairá por unha estrada secundaria en dirección ao núcleo de poboación chamado A Castelá con chegada a este cara ás 11 da mañá, para realizar unha parada de avituallamiento e descanso. Cara ás 12 da mañá a marcha solidaria sairá da Castelá para percorrer os últimos 13 quilómetros ata un aparcadoiro próximo ao cárcere de Teixeiro onde portavoces dos organizadores da marcha dirixirán unhas palabras aos participantes e darán por terminada a marcha que se realiza no contexto de actuacións do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

A Asemblea Cidadá deste xoves nos locais da A.VV de Ferrolvello acordou animar a todos cantos poidan participar na totalidade do traxecto, ou en percorridos parciais dentro de cada concello, principalmente no último tramo de 13 quilómetros desde o núcleo de poboación da Castelá, logo de pasar Montesalgueiro, ata as proximidades do cárcere de Teixeiro.

Como apoio loxístico, unha furgoneta da Confradía levará os sacos de durmir. Así mesmo uns coches de apoio cun médico acompañarán á expedición para atender a quen o necesite.

Pola Confradía de Pescadores de Ferrol realizouse a correspondente comunicación á Delegación de Goberno, así mesmo enviou unha comunicación aos Concellos por onde discorre o percorrido, a fin de que dispoñan de efectivos de Protección Civil e de Policía Municipal que acompañen á marcha solidaria en percorrido correspondente ao termino municipal de cada Concello.

Conven acercarse ata o peirao de Ferrol o maior número de persoas posíble, para arroupar a saída da marcha solidaria con Bastida, e quen poida que camiñe ata a Ponte das Pías.

Esta e unha das actuacións acordadas na Asamblea Cidadá, ademáis de que unha representación acuda a concenración de Pontevedra as 20,30 do venres 8 de xuño na Praza da Peregrina, convocada pola APDR (Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra)

Carmelo Teixeiro.
Coordenador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
A súa web: http://comitecidadan.org/
__________________________________

PARA APUNTARSE NOS AUTOBUSES, PODESE FACER CHAMANDO A UN DOS SEGUINTES TELÉFONOS :

690612737 ( Alexandre),
649024612 (Mel),
981-933223 (A.V. Fontelonga, Miguel):

Prezo aproximado: 5 €
__________________________________



1 comentarios so far

Crein que o que loitou meu pai nos 70,nos faria mais unidos na loita.Pero vexo que a xuventude cree que o camiño esta feito.Tiñan que estar orgullosos do que loitaron os seus pais,unha loita que trascendeu mais lonxe do que poden imaxinar.A historia a escriben outros como lles conven,pero nos imos facer a nosa historia por nosos fillos.SUMAROS A ESTA LOITA CONTRA A PLANTA DE GAS LOITADE XA NON POR VOS,POR VOSOS FILLOS.TODOS PODEMOS FACER A NOSA HISTORIA.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon