luns, xuño 11, 2007

Marcha pola Liberdade de Bernardo Bastida e pola Defensa da Ría de Ferrol: final na prisión de Teixeiro

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 11 de Junho de 2007 01:39

Asunto: Marcha pola Liberdade de Bernardo Bastida, final na prisión de Teixeiro


Despois de pasar a noite no lugar de Ois no Concello de Coiros baixo o teito dun pabellon deportivo sen paredes, a marcha de apoio a Bastida saiu ás sete e ás once e media da mañá xa percorrera os 12 kilometros ata o núcleo de poboación da Castellana, non atopando suficinte aprovisionamento para tod@s continuaron 10 kilomentros mais ata o pobo de Teixeiro, onde compraron pan e fiambres para complementar a comida que hoxe chegara de casa.

Ás 13,30 a marcha saiu do núcleo de poboación de Teixeiro para percorrer os 6 km de distancia ata o cárcere provincial situada na estrada de Paradela. Polo camiño foron sumandose outros participantes que chegaran en tres autobuses desde Ferrol, mais outros moitos que viñeran en coches de turismo, de modo que cando faltaban uns catro kilometro ocupaban unha das calzadas coreando con forza varios lemas, entre eles "Liberdade para Bastida", " Ou noso mariñeiro esta en Teixeiro", "Bastida esta presente", "Bastida somos todos", "A Ría e nosa e non de Reganosa".

O número de participantes cífrase nunhos mil que se concentrou dentro do recinto de aparcadoiro do cárcere, unha gran praza rodeada de aramados cunha porta grande de acceso para coches e autobueses, anexa ás instqalacions do cárcere puidendose ver en alguns módulos como as súas fiestras asomaban as mans de mulleres presas saudando aos que desde o exterior coreaban con forza "Liberdade para Bastida". Un gran número de participantes vestia camiseta coa foto de Bastida e a frase "Bastida somos todos", ademas dúas grandes pancartas tiñan en grandes letras a frase "Liberdade para Bastida", outros asistentes portaban distintas pancartas a maioría delas reclamaban a liberdade para Bastida e outras facían referencia a que a Ría de Ferrol non é de REGANOSA.

Dos tres autobuses con parcitipantes, dous deles foron organizados polas Cofradías de Mugardos e Barallobre. O terceiro autobus foi desde Ferrol cheo e organizado polo Comité Cidadán de Emerxencia, indo en coches pequenos un gran número de participantes.

Dentro da praza de estacionamento do cárcere, durante uns 10 minutos corearonse todos os lemas, logo Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol leu un comunicado.

Finalmente Jaime Gabarri, portavoz da Cofradía de Pescadores de Ferrol, deu por finalizada a marcha deixando ver que se Bastida non quedaba pronto en liberdade habería mais actuacións, cunha frase moi expresiva dicindo "Despois de estar aquí, iremos a Madrid" e gritando "liberdade para Bastida". Así mesmo Jaime Gabarri agradeceu os apoios recibidos para reclamar a liberdade de Bastida, en concreto agradecio a presenza de representantes das Cofradias de Mugardos, Barallobre e Pontedeume, así mesmo doutras Cofradías do sur de Galicia. Tamén agradeceu aos Concellos de Coiros e Pontedeume que facilitasen os seus pavillóns deportivos para pasar a noite, resaltando en positivo que no de Pontedeume o trato fora excelente, con auga quente nas duchas que lles permiteu aliviar a fatíga da camiñada forte do primeiro día, así mesmo que moitos veciños de Pontedeume ofrecéronlles comida e viveres. Igualmente Jaime Gabarri deixou constancia do agradecemento aos servizos de proteccion civil de Betanzos que lles antenderon en lesións nos pés, ademas das policias locais e garda civil que auxiliaron para facilitar con seguridade o transito a pé polas estradas das 200 persoas máis os vehiculos de apoio loxístico que lles acompañaban.

Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Ciudadán para a Ría de Ferrol
O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
A súa web: http://comitecidadan.org/
___________________

Enlace cos Arquivos Ártabros, onde está postado o texto integro do Comunicado leido na concentración diante do cárcere de Teixeiro
____________________

1 comentarios so far

Borrei definitivamente o comentário que aqui havia, por motivos de higiene democrática e porque atentava contra a dignidade das pessoas.

Nom se admitem comentários anónimos que atentenm contra o honor e a dignidade das pessoas. Quem queira postar para criticar, denunciar, comentar, reflexionar, ... ou engadir algo ao respeito, pode-o fazer, se se quere, de forma anónima. Mas quem insulta ou atente contra a dignidade das pessoas, nom tem cabida neste Blog, para isso já tem ao Grupo Voz, e menos se nom se dá a cara. Cada um de nós é como é, e numha cidade tam pequena e em declive, como é Ferrol, quase todo o mundo conhecemo-nos, polo que nom imos enganar a ninguém. Mas também há muito cotilheo e difamaçons, polo que da mitade só umha parte. A Bernardo Bastida detivérom-no por participar e ser um dirigente, do movimento cidadám contra a instalaçom da Planta de Gás dentro da Ria, nom por nengumha outra causa [e se alguém quere o Auto de prisiom, tenho umha cópia do mesmo que a podo facilitar a quem ma pida], polo que o que pretenda fazer ver outra cousa só é para intentar intoxicar ou desprestigiar ao movimento cidadán contra REGANOSA.

Inácio M. Orero
Desenvovedor e Administrador do Blog


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon