Carta de Ferrol Deporte ó Conselleiro de Vivenda.
O espazo deportivo no desenvolvemento futuro do novo barrio do Bertón
Carta á Consellería da Vivenda
Sr. Conselleira de Vivenda – San Caetano
Ferrol, 30 de junio de 2007
Pola presente, eu Xan Antón Ramírez, como secretario da asociación Ferrol Deporte, con domicilio en Aptdo 297 Ferrol, despois de estudiados na derradeira xunta directiva de esta entidade, os documentos facilitados pola Sección de Urbanismo do Concello de Ferrol, sobre o desenvolvemento futuro do novo barrio do Bertón, e visto o reparto das parcelas destiñadas para o espacio deportivo, observamos que:
- Son parcelas adicadas o deporte as D2, D3 e D4, de 2214m2, 2932m2 e 2115m2 respeitivamente.
- A denominada D3 se incorpora as parcelas deportivas circundantes, é decir os campos de futbol xa existentes na denominada zona deportiva da Gandara.
- A denominada D2, e unha continuidade dun parque previsto, e non pode conter instalación algunha cuberta.
- A denominada D4, vai incrustada no tecido urban, rodeada de dous edificios de 3 pisos mais baixo, o que se convirte nunha nova praza Sartaña.
1) A superficie a todas vistas, é insuficente para dotar unha nova barriada, que mais por riba se supón de veciños novos en edade, con posibilidade deunha población infantil abundante, e polo tanto con mais necesidades de superficie e instalacións deportivas.
2) Unha das parcelas é como xa nin existira pois tan so sirve para reforzar as instalacións xa existentes.
3) As duas parcelas restantes teñen unha superficie tan mínima que tan so se poderán artellar pequenas pistas polideportivas.
4) Tan so unha delas permite facerlle un aparcamento soterrado, polo que o achegamento en medios moviles, tamen será complicado.
5) A nova barriada do Bertón, mais as existentes e circundantes de Ultramar e San Xoan, seguen a ter, nin terán posibilidades, deste xeito, de ter unha instalación deportiva cuberta cun mínimo de capacidade para desenrolar todo tipo de actos non so deportivos, senon sociais.
6) Ferrol segue a necesitar instalacións deportivas de calidade, como a piscina de 50 mts, ou pavillóns que den cabida a outros deportes: xoquei, ciclismo etc. Nestas parcelas, ni tan sequera podería ir instalada a “instalación de ocio” de Sartaña.
Por todo isto:
Solicitamos a URXENTE, revisión do plan parcial do Bertón, e que non se vexa o deporte, unha vez mais, como algo que ocupa “recortes de terreno sobrante”, senon como un dereito do cidadán e un deber da Administración, de xeito contrario se estará unha vez mais coartando a Ferrol, para que se desenrole en todos os seus sentidos e un deles é o dereito ó deporte e polo tanto a unha cultura de saúde pública.
Xan Ramírez
Secretario
__________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon