sábado, xuño 16, 2007

Recibimento festivo ao Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, despois de saír do cárcere, en liberdade sen fianza

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 16 de Junho de 2007 00:33
Asunto: Recibimento festivo ao Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, despois de saír do cárcere, en liberdade sen fianza




Recibimento festivo o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, despois de sair do carcere, en liberdade sen fianza.

Sigo estando en contra da planta de gas onde esta situada”, foron as palabras mais aplaudidas e interrompidas a Bernardo Bastida, a metade do seu discurso duns 5 minutos e medio, por unhas seiscentas persoas, a maior parte mariscadores, que xunto con veciños da Ría de Ferrol, foran convocados pola Confradía de Pescadores de Ferrol e o Comité Cidadán de Urxencia para a Ría de Ferrol, abarrotando a Lonxa existente no peirao comercial de Ferrol.

Ás 17:20 da tarde deste venres 15 de xuño, Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confradía de Pescadores de Ferrol era recibido de forma festiva, ata con foguetes, para celebrar a súa liberdade sen fianza tras pasar no cárcere de Teixeiro quince días desde o 30 de maio, en prisión provisional imputado dun inexistente delito de desobediencia á autoridade, sen que se tivese en conta que se trata dun conflito social, que se está agudizando por mor da lentitude da xustiza e os trámites administrativos irregulares a Reganosa, cuxa Planta de Gas desde o 9 de maio é unha ameaza para a vida humana e para a riqueza marisqueira, polas probas que iniciou por mor da entrada ilegal de dous buques metaneros que descargaron 250.000 m3 de gas natural licuado.

A Xuíza do Xulgado nº 6, en realidade dera de prazo ata o luns ás 15:00 ao avogado de Reganosa para que presentase por escrito as súas alegacións, despois de que o xoves 14 de xuño o Fiscal presentase un informe no que se adhería ao recurso de reforma presentado polo avogado Victor López Casal que defendeu a Bernardo Bastida desde o día 29 en que foi detido no peirao de Ferrol tras desembarcar dunha lancha cando regresaba da operación de bloqueo do metanero Mourad Didouche cargado de 110.000 m3 de GNL para Reganosa.

Toda a mañá deste venres existiu a preocupación de que o avogado de Reganosa esgotase o prazo que a Xuíz lle habia dado ata o luns ás 15:00, co cal Bernardo Bastida non podería saír hoxe do cárcere de Teixeiro e o recibindo habería que atrasalo ata o luns.

A noticia positiva coñeceuse hoxe venres cara ás 14,30 horas, cando se coñeceu que a Xuíz do Xulgado nº 6 habia asinado o auto de liberdade sen fianza para o Patrón Maior da Confraría de Ferrol e que xa o había comunicado por fax ao Cárcere de Teixeiro, despois de que o avogado de Reganosa, cara ás 14 horas, presentase un escrito adheríndose ao informe do Fiscal.

As primeiras palabras de Bastida na Lonxa de Ferrol foron para constatar que a solidariedade recibida doutros compañeiros do cárcere e así mesmo un trato exquisito e excelente, que entende foi polo apoio que recibiu do pobo de Ferrol e dos traballadores do mar, da Ría de Ferrol e doutras de Galicia. Especialmente deu as grazas á persoa que lle substituíu estes días como portavoz da Confraría. Bastida cre que estivo secuestrado porque non había ningún motivo para terlle no cárcere, pois non cometeu ningún delito de desobediencia nin de desacato á autoridade, dos que lle acusan.

Así mesmo que antes da entrada do primeiro gasero, é dicir, antes do 9 de maio, desde a Confraría enviáronse faxes ao Presidente da Xunta e ao Delegado do Goberno para dialogar e non se lles fixo caso. Así mesmo Bastida reclamou “os mesmos dereitos que teñen outros sectores para resolver as súas reivindicacións”, con negociacións e conflitos, polo que denuncia que desde a Administración queren converterlles aos traballadores do mar no único sector sen dereito a reivindicar como o fan os sindicados para outros sectores.

Por iso Bastida recordou que “todos sabemos que os traballadores neste país mais tarde ou mais cedo ven obrigados a mobilizarse”, engadindo que non vai negociar con quen lle esta denunciando, en referencia á Autoridade Portuaria, a Reganosa, ou a quen sexa, e que esa é a primeira reivindicación que porán encima da mesa. Finalizando con estas palabras “estamos como sempre abertos ao diálogo e á negociación, sen condicións, nin pola nosa banda nin pola deles, nada mais e moitas grazas”.

15 de xuño de 2007.

Carmelo Teixeiro
Coordinador del Comité Ciudadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O noso Blog: http://comitecidadan.org
O noso correo-e: comitecidadan@iespana.es___________________

A noticia nas edicións dixitais dos medios convencionais:

Diario de Ferrol
Bernardo Bastida: "Sinceiramente, creo que estiven secuestrado"
Entre aplausos, abrazos, bombas de palenque e berros de benvida regresaba, pasadas as cinco da tarde de onte, Bernardo Bastida á lonxa de Ferrol. Alí agardábanno máis de 200 persoas, na súa maior parte mariscador@s, mais tamén membros do Comité Cidadá de Emerxencia e outros colectivos sociais que se manifestaron en contra da localización da planta de gas de Reganosa.
ROCÍO PITA PARADA > FERROL [+ info]



__________________________

Mabel Rivera e Enrique Banet, produciron e realizaron o documentario "O Salario do Silencio" que desde xa, pasará ser un documento imprescindíbel da Historia de Galiza e en particular de Ferrol. [Trailer]






__________

GALERÍAS FOTOGRÁFICAS DA MARCHA A TEIXEIRO

Teixeiro -1- : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: artabra21@gmail.com

ETeixeiro -2- : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21
Autor: Alberto Saavedra -asaf@telefonica.net-
Asociación Veciñal Ferrol-Vello

Pontedeume : Enlace coa Galería Fotográfica da PA21 "A marcha pola defensa da Ría de Ferrol e pola liberdade de Bernardo Bastida, 8 de Maio de 2007"
Autor: artabra21@gmail.com
___


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon