venres, xullo 20, 2007

Acordos da Primeira Mesa de Traballo: definición de Mesas para a recollida de firmas, venda de bandeiras, manifestación para o 30 de setembro, ...

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 20 de Julho de 2007 09:55

Asunto: Primeira Mesa de Traballo, definición de Mesas para a recollida de firmas e venda de bandeiras



ACORDOS DA PRIMEIRA REUNIÓN DA MESA DE TRABALLO DA ASEMBLEA CIDADÁ

Este xoves 19 de xullo tivo lugar unha primeira xuntanza da "Mesa de Traballo", como así se acordou nomear, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia xunto con outras persoas que participan a título individual para colaborar nas tarefas que Istos vindeiros meses estanse programando e que foron propostas nas últimas Asambleas Cidadás.

Como preámbulo fixose una dura crítica ao feito de que o Consello da Xunta de Galicia acordase este xoves aprobar un Plan de Emerxencia Exterior para Reganosa, do cal se fará un comunicado.

Concretouse a data do domingo 30 de setembro, como proposta sobre a que se vai traballar para a gran manifestación do vindeiro outono.

As distintas tarefas, ou actuacións en xullo e agosto, faran referencia a dita manifestación, cunha mención a data da mesma.

Hasta o 30 de xullo próximo deixaronse dispostas as seguintes Mesas para recollida de firmas e venda de bandeiras(*)

Venres, 20 de xullo.
No Peirao de Ferrol, de 12 a 15 e de 17 as 20 horas, xunto o embarcadeiro das lanchas de Mugardos.

Sábado, 21 de Xullo.
Na Praza do Concello. De 11 a 13 horas.

Luns, 23 de xullo.
Na Praza de España, diante da cafetería Avenida, de 11 a 13 horas.

Martes, 25 de xullo.
Na Alameda de Santiago de Compostela, de 11 a 13 horas.

Luns 30 de xullo
Na Praza de España, diante da cafetería Avenida, de 11 a 13 horas.

Nas mesas haberá un boletín para informar ao público, cun resumo deica o ano 2001 das actuacions co Comité Cidadán de Emerxencia. Agardase dispoñer de dito boletín para a mesa do 23 de xullo.

(*) As bandeiras teñen un tamaño de 900x700 mm, e son para colocar en ventanas, balcóns, ou coches. Teñen o mesmo tamaño que as de Nunca Mais, con color vermello e letras brancas. Achegase en imaxen jpg. Esa bandeira facilitarase por unha doazon dun euro, a fin de financiar outros medios como unha boa megafonía para algunhas actividades e accións.

A elaboración da nova edición de camisetas sigue pendente de dispoñer de liquidez polas doazons que se están recibindo, pois hai que pagalas ao contado.

Proxección en Barrios de Reportaxes e Documentarios.
Está en preparación para, nos próximos días, concretar onde hai medios para ditas proxeccións.

O vindeiro 30 de xullo terá lugar a segunda Mesa de Traballo para concretar nas seguintes semanas.

Carmelo Teixeiro
Coordinador do CCE
____________

BANDEIRA [90x70 cm] QUE ESTÁ A VENDA POR 1

Editamos: 3.000 unidades
Costaronnos: 1.624 €
Xa temos repartidas máis de 600 en menos de 12 horas.
Podeste facer con elas nas mesas que relacionamos con anterioridade ou chamando ao telemóbel 652 201 003.

FAITE COA TÚA BANDEIRA DE OPOSICIÓN A REGANOSA E PONNA NA FACHADA, XANELA OU BALCÓN DA TÚA CASA.

NON DEIXES DE FACELO, É MOI IMPORTANTE EXTERIORIZAR A OPOSICIÓN Á, ILEGAL E PERIGOSA, PLANTA DE GAS QUE REGANOSA INSTALOU DENTRO DA RÍA .


Para ampliar a imaxe clica acima dela
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon