Co rogo de publicación
E-mail: oseirosinaltatension@gmail.com
TOURIÑO INAUGURA A CENTRAL TÉRMICA DE SABÓN A PESAR DE NON TER AUTORIZACIÓN AMBIENTAL DA XUNTA
Arteixo, 20 de xullo de 2007. A ampliación da central térmica de Sabón será inaugurada o próximo luns coa presencia do presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e o Conselleiro de Industria, Fernando Blanco. Os veciños denuncian que a instalación non conta aínda con tódalas autorizacións da Xunta de Galicia, dado que están pendentes de contestación as alegacións presentadas por moitos veciños e a asociación ecoloxista Adega.
A Plataforma pola Eliminación das Liñas de Alta Tensión de Oseiro denunciou tamén ante o Fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o procedemento polo que se otorgou licencia de ampliación a Unión Fenosa .
Tras coñecer "por unha serie de casualidades " que as instalacións comezan a funcionar o luns, anuncian a presentación a semana vindeira dun escrito diante da Fiscalía denunciando a posta en marcha do ciclo combinado da central sin a correspondente autorización ambiental, certificación das obras realizadas e sin licencia de acividade.
"Para nós é moi grave o feito de que sexa o propio presidente da Xunta e o Conselleiro de Industria os que veñan respaldar coa súa presencia unha ilegalidade", din os veciños de Oseiro.
"Non respostaron ás nosas alegacións e agora veñen inaugurar sabendo que a central aínda non ten a autorización ambiental integrada, co cal non se pode poñer a funcionar" afirman desde a Plataforma, que tamén piden á alcaldesa de Arteixo, Pilar Souto, que non acuda ó acto "para demostrar así a solidaridade cos veciños e o seu apoio decidido"
As alegacións foron presentadas o pasado mes de febreiro , e os veciños fundamentaban a súa oposición ó proxecto na proximidade da instalación a importantes núcleos habitados por preto de 16.000 persoas , en tódolos casos a menos de 2 kilómetros, o cal vulneraría o artigo 4 do Regulamento de Actividades Molestas , Nocivas e Perigosas. Tamén se indicaba o altísimo nivel de contaminación que sufre xa a zona, onde se concentran ata 8 empresas consideradas como perigosas ou nocivas, ademáis da proximidade ó embalse do Rexidoiro , de onde se extrae auga para o consumo humano.
A posta en marcha da central leva aparellada tamén o incremento das radiacións que soportan os veciños da Urbanización Sol e Mar, por onde trascorren 3 das liñas de alta tensión polas que se evacúa a enerxía que vai producir a térmica. "Para nós o funcionamento da central é unha noticia terrible, xa que as liñas que ata agora apenas levaban enerxía va pasar a estar en permanente uso todo o ano as vintecatro horas do día. Esto supón unha auténtica traxedia, un incremento das enfermidades nos veciños da Urbanización a causa das radiacións electromagnéticas ", din os veciños.
A Plataforma Veciñal lamenta que "mentras vemos como apoian a unha gran empresa, ós veciños deíxannos esquecidos. Nin a Xunta, nin o Concello, nin os partidos políticos apostan pola nosa saúde e os nosos dereitos"
Plataforma de Afectados polas Liñas de Alta Tensión de Oseiro
envía . www.f-cape.org Blog do colectivo universitario opositor a planta de gas de Ferrol. PLANTA DE GAS FORA DA RIA.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Denuncias
Denuncian a inauguración da Central Térmica de sabón a pesar de non ter autorización ambiental da Xunta de Galicia
domingo, xullo 22, 2007
Denuncian a inauguración da Central Térmica de sabón a pesar de non ter autorización ambiental da Xunta de Galicia
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan domingo, xullo 22, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentarios so far
Gracias pola vosa atención co noso problema.
Non sei se saberedes xa pola prensa, pero finalmente a inaguración no se levou a cabo "por problemas técnicos " según Fenosa. Je,je,je !!!!!!
Eso si, alí quedaron as carpas montadas e case os pinchos sobre da mesa.
Sabemos que esta non é máis ca unha batalla ganada, a guerra sigue ahí e o enimigo é poderoso, pero por unha vez vimos como o "todo vale" non se practicou con tanta desfachatez.
La Voz de Galicia tratou coma sempre se protexer ó poderoso e falou da noticia da anulación da inauguración vinculando esta a un problema cos empregados de Unión Fenosa ( un caramelo máis doce para Fenosa que o da acusación de querer abrir sin licencias e autorizacións).
Saúde desde Oseiro e forza na loita, amigos!!!
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon