De: Fuco Buxán -fucobuxan@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de Julho de 2007 16:13
Asunto: Manifesto para recoller firmas pronunciandose para que non sexa autorizada a entrada en funcionamento definitivo de Reganosa
Asociación Cultural Fuco Buxán. Apartado de Correos, 240.
Telf.: 981.325.492. Ferrol 15400. Galicia. España.
fucobuxan@yahoo.es
fucobuxan@fucobuxan.com
www.fucobuxan.com
---------- Mensagem encaminhada ----------
From: "CCE" -comitecidadan@iespana.es-
Date: Mon, 16 Jul 2007 12:33:42 +0200
Subject: Manifiesto para recoller firmas
Manifesto para recoller firmas pronunciandose para que non sexa autorizada a entrada en funcionamento definitivo de Reganosa.
Na reunion da semana pasada, o Comite Cidadán acordou iniciar a recollida de firmas, coa intencion de chegar a mais 15.000 firmas de quen queiran facer constar a súa posición para que non sexa autorizada a entrada en funcionamento de Reganosa.
Por iso en versións galego e castelán, adxunto remítese o escrito manifesto que se acordou difundir por todo o mundo para recoller devanditas firmas.
Como prazo para recoller devanditas firmas púxose o primeiro de agosto..
Rógase que os exemplares asinados entréguense a Asociacións ou persoas integradas no Comite Cidadán ou se envien por Correo Postal á seguinte dirección:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Ateneo Ferrolán
Apartado de Correos 303
Ferrol 15401
As persoas convencidas seguramente asinarán este manifesto sen necesidade de saber quen asinaron.
Para quen vaian recoller firmas e desexen motivar aos indecisos, acordouse que poden darlles a coñecer que entre outras firmas xa recolleitas están as dos/as seguintes:
Manuel Rivas Barrós, Escritor
Teresa Navaza González, Xornalista
Suso de Toro Santos, Escritor
Lino Braxe Mendía, Poeta-Actor
Xosé Manuel Beiras Torrado, Catedrático.
Luis Gonzalez Tosar, Escritor.
Xesús Alonso Montero, Catedratico
Laura Perez Landeira, Empresaria.
Adela Figueroa, Presidenta de Adega
Miguel de Lira, Actor.
Xan Duro, Coordinador Xeral de Verdegaia.
Antonio Carnero Pose, Investigador
Manuel Lago Peñas Economista.
Enrique Banet Lopez, Realizador
Mabel Rivera, Actriz
Elina Luaces Ferreiro, Actriz
Jose Naya Diaz. Catedrático
Pedro A. Pomo GArcia, Escritor
Modesto Fraga Moure, Escritor
Franciusco M. Lopez Martínez, Escritor.
O.Xaver Castro Martinez, Deseñador.
Polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Carmelo Teixeiro
Manifesto en relación coa Planta de Gas que Reganosa constrúe dentro da Ría de Ferrol
Os que abaixo asinan, manifestan o seu total desacordo coa ubicación dunha planta de Gas Natural Licuado dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol, que Reganosa esta construíndo sen ter acreditado que cumpre coa lexislación vixente, nas proximidades de núcleos de poboación que suman mais de 100.000 habitantes, cuxa vida ameazaría en caso de entrar en funcionamento, co risco permanente dun accidente grave na planta ou nos grandes buques gaseros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do arsenal naval militar.
Tamén, no caso de entrar en funcionamento, Reganosa ameazaría a destrución da riqueza natural da Ría, que é o medio de vida de preto dun milleiro de mariscadores, así mesmo sería un grave obstáculo para a declaración de patrimonio da humanidade proposta para os Castelos e Arsenais, ademais de que provocaría perdas no patrimonio histórico e na potencialidade turística.
Denunciamos que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na súa autorización de construción, sobre distancias de seguridade respecto de as poboacións próximas e para a saída de urxencia dos buques gaseros, polo que non estarían salvagardadas as persoas e os seus bens. Denunciamos o anuncio da súa entrada en funcionamento saltándose ditos condicionados. Así o facemos constar cando aínda estamos a tempo de evitar unha traxedia.
Pola ameaza que implicaría Reganosa para a vida humana nas poboacións próximas e por ser totalmente contraria ao desenvolvemento sostenible da Ría de Ferrol, non debe ser autorizada a súa entrada en funcionamento, trámite que ten a obrigación de solicitar.
Desde o ano 1994 en Cabo Prioriño existe unha ubicación idónea para unha Planta de Gas en Galicia, no mesmo espazo onde se está construíndo o Porto Exterior, con suficiente illamento da poboación e onde se poden cumprimentar todos os requisitos aplicables, a tempo suficiente para que Galicia poida dispoñer dunha plataforma gasista.
En _____________________, a _________de abril de 2007
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Planta de Gas: fóra da Ría
Reganosa
Manifesto en relación coa Planta de Gas que Reganosa constrúe dentro da Ría de Ferrol
martes, xullo 17, 2007
Manifesto en relación coa Planta de Gas que Reganosa constrúe dentro da Ría de Ferrol
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, xullo 17, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon