De: calareo -calareo@yahoo.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de xuño de 2007 23:41
Asunto: Reganosa e a Xunta din que a planta de gas de Reganosa non vai ter accidentes, pero xa hai catro plantas de gas que explotaron
Isto é para os politicos e xornalistas que din que a planta de gas de Reganosa é segura!!!! Segura de que vai propiciar unha catástrofe!!!!
Reganosa e a Xunta din que a planta de gas de Reganosa non vai ter accidentes, pero xa hai catro plantas de gas que explotaron:
1941 Explosion da 1ª planta de gas en Cleveland. 128 mortos e ducias de feridos. Este accidente atrasou as plantas de gas ata os anos 70.
19 novembro de 1984: 452 persoas morren ao explotar dous grandes depósitos de gas butano en San Juan Ixhuatepec, ao norte de México DF. Miles de feridos e desaparecidos por ser zona de chabolismo. Era 50 veces mais pequena que Reganosa.
Setembro do 98: Explosion da planta de gas de Longford, preto de Sidney, Australia. 40.000 evacuados en poucos minutos evitou que muerieran nada mais que 3 persoas. Eran 800 Tm de GLP. Reganosa terá 300.000 Tm de GNL. Cada gasero 70.000Tm, e navegará a 500 mts das casas. Ver vídeo adxunto.
Xaneiro de 2004. Explosión da planta de gas de Skikda, Alxeria, propiedade de Sonatrach (socia de Reganosa). Ver presentacion adxunta. REGANOSA DI QUE HOXE DIA As PLANTAS SON SEGURAS Ao CENTO POR CENTO E QUE NON HABERÁ UN ACCIDENTE NIN EN CEN MIL ANOS.
COMPARESE CON SKIKDA, QUE TAMÉN ERA SEGURA, E USA A MESMA TECNOLOXÍA.
14 de Outubro de 2006: 1er Accidente en Reganosa, ardeu un tanque por dentro completamente antes de entrar en funcionamento e tardou tres dias en ser apagado. Se chega a ter gas, xa non o contariamos...
FERROL EN PERIGO, PLANTA DE GAS FORA DÁ RÍA XA!!!!
Accidentes en Gasodutos, como o que sae de "Riesganosa" e atravesa pola contorna e ata por baixo (!) das casas:
3 xuño de 1989: 190 mortos ao explotar o maior gasoduto da URSS, nas proximidades da Ufa, nos Urales.
28 setembro de 1993: Máis de 70 mortos ao explotar un gasoduto que une Caracas e Tecerías (Venezuela).
4 novembro de 1993: 39 mortos ao explotar un gasoduto na provincia de Quang Ninh (Vietnam).
6 febreiro de 1994: Dez mortos ao explotar un gasoduto que unía as instalacións de Petróleos Mexicanos (Pemex) no estado de Tabasco (México).
28 decembro de 1994: Setenta mortos no estado de Monagas (este de Venezuela) ao explotar un gasoduto.
4 xaneiro de 1995: Polo menos once mortos por mor dunha explosión nun gasoduto de Jian, provincia chinesa de Shandong.
26 agosto de 1996: Un centenar de mortos en Henan, centro de China, na explosión dun gasoduto causada por un intento de roubo.
27 decembro de 1998: Quince mortos en Arroio de Pedras, no norte de Colombia e máis de 200 feridos na explosión dun gasoduto.
19 agosto de 2000: Dez mortos ao explotar unha condución de gas natural nas proximidades de Carlsbad (Novo México, EEUU).
20 agosto de 2000: Polo menos 25 mortos na explosión dun tren cisterna que transportaba gas licuado ao sueste de Nairobi.
23 decembro de 2003: Polo menos 193 mortos nunha forte explosión nun xacemento de gas natural do municipio de Chongqing, no suroeste de China, que afectou a 28 núcleos urbanos.
19 xaneiro de 2004: Vinte e dous mortos e 74 feridos pola explosión no perímetro da planta gasística de Skikda, ao leste de Alxeria, un dos máis importantes complexos económicos de Alxeria, e socio de Reganosa.
30 de Xullo de 2004: 15 mortos e mais de 100 feridos en explosión dun gaseoducto en Bélxica.
23 Setembro de 2006: 3 mortos e 5 desaparecidos en explosión dun tanque de gas en Baviera, Alemaña
E agora que sigan dicindo á prensa que as plantas de gas son seguras, ou que non hai accidentes no mundo.
Difunde esta información!!!
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Planta de Gas: fóra da Ría
Reganosa
Reganosa e a Xunta din que a planta de gas de Reganosa non vai ter accidentes, pero xa hai catro plantas de gas que explotaron
luns, xullo 02, 2007
Reganosa e a Xunta din que a planta de gas de Reganosa non vai ter accidentes, pero xa hai catro plantas de gas que explotaron
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, xullo 02, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon