martes, xullo 03, 2007

Roteiro polo Pico Vello, para denunciar a pretensión da explotación dun xacemento de andalucita nas inmediacións das Fragas do Eume: 15 de xullo 2007

O domingo, 15 de xullo, estamos convocadas, todas as persoas que queiramos, a participar nun Roteiro polo Pico Vello, para denunciar o intento de explotación dun xacemento de andalucita, "esta mina ocupará unha extensión considerable nunha zona colindante co Parque Natural das Fagas do Eume durante a vida útil de dita explotación, máis de 54 anos. Tal intrusión no mellor bosque costeiro atlántico europeo non pode ser de ningunha maneira permitida por unha sociedade que se di desenvolvida. Pistas asfaltadas, balsas de decantación de lodos, escombreiras de 900.000 m3 , escavacións con técnicas de extracción de ripado en 5 ha, modificación do Rego de Cernada mediante unha balsa para suministro de auga...todo elo nun lugar de alto interes faunístico, perto de zonas de cría e campeo do Lobo e de uso do Buho Real entre outras especies protexidas." [Guerrilleiros das Fragas].

ROTEIRO PICO VELLO
XACEMENTO DE ANDALUCITA

DOMINGO, 15 DE XULLO

Saída:

10:00 hrs [diante do edificio de Correos na Praza de Galiza en Ferrol]
traslado en Autobus, con paradas en caranza, Fene e As Neves.

Remate: ás 18:00 hrs.

Prezo do transporte: 2 €

Inscripción: até o 13 de xullo no local doa SGHN [R/Méndez Nuñez, 11 telef. 981 35 28 20 ou no telemóbel 649 779 774 ]

Organizan: ADEGA, Clube Montaña Ferrol, Concello da Capela, Federación Ecoloxista Galega, Colectivo Fusquenlla, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, Plataforma Ártabra 21, SGHN e VERDEGAIA.
____

Enlace relacionado: Guerrilleiros das Fragas, ven de presentar alegacións ao proxecto
______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon