NOTICIAS - REGANOSA - MUGARDOS- VECIÑANZA- OCUPACIÓN - CONCELLO - VICEPRESIDENTE - SOLIDARIEDADE
A veciñanza de Mugardos afectada polos 400 metros de zona de seguridade que preve o Plano de Emerxencias Exterior para REGANOSA, aprobado polo Consello Xeral da Xunta de Galicia o pasado 19 de xullo, sigue pechada na casa do Concello de Mugardos. Este feito tivo importante repercusión mediática. A indignación da veciñanza, diante dun Plano de Emerxencias que é un verdadeiro despropósito, elaborado de costas á veciñanza afectada, á propia administración municipal, e mesmo sen ter en conta aos servizos de emerxencias da comarca [bombeiros, urxencias hospitalarias, urxencias 061, Protección Civil, autoridades locais ...]. Un Plano de Emerxencias, aprobado en tempo recor só co propósito de avalar, e acelerar, a entrada en funcionamento de REGANOSA. Regasificadora cuestionada, non só polo movimento cidadán da Ría, senon que polos propios tribunais da Galiza, en sendas sentencias do TSXG, tribunais que algún respecto e credibilidade mereceralle a un goberno da Galiza. Porque eles saben que REGANOSA non pode cumprir os condicionados de distancia de seguridade ante núcleos poboados [2000 metros], a evidencia aforra palabras e o de que os buques gaseiros podan saír a mar aberto en caso de emerxencia polos seus propios medios, cousa que non é posíbel, porque tanto para entrar como para saír necesitan a intervención de práticos do porto e catro remolcadores e por que no caso de estar cargado de GNL, só pode saír, en pleamar diurna e durante escasa media hora [en marea morta], por un canle angosto de 4.000 metros de lonxitude e moi estreito, cunha zona de navegación de só 150 metros de ancho. TODO UN DESPROPÓSITO.
Manteñamos a solidariedade coa veciñanza pechada no concello de Mugardos:
- Facendo visitas ao lugar do peche, na casa do Concello de Mugardos.
- Enviando cartas ou telegramas de apoio e solidariedade á Casa do Concello [Av. de Galiza, 45 981470290].
- Remitindo aos medios de comunicación notas de prensa.
- Acordando en reunións de asociacións, comités de emperesa e outros entidades, mostras de solidariedade e apoio á veciñanza pechada, na defensa da vida, das súas vivendas e da súa seguridade.
- Remitindo cartas, fax ou telegramas á Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta, para que atenda as demandas veciñais e mostrando a negativa a convivir cunha Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol.
Enderezos da Xunta de Galicia onde se pode manifestar o rexeitamento de REGANOSA e o apoio á veciñanza de Mugardos:
Presidencia
Emilio Pérez Touriño
Presidente da Xunta de Galicia
Secretaría Particular
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n 15704
Santiago de Compostela
Tel.: 981 541 213/541 214 - Fax: 981 541 219
Correo-e: secre.presiden@xunta.es
Secretaría Particular
Pazo de Raxoi - Praza do Obradoiro 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 544 915/544 916 - Fax: 981 544 904
Correo-e: secre.presiden@xunta.es
Secretaría Xeral da Presidencia
Gumersindo Guinarte Cabada
Secretario Xeral Edificios Administrativos
San Caetano, s/n 15704
Santiago de Compostela
Tel.: 981 541 283/541 285 - Fax: 981 541 293
Pazo de Raxoi - Praza do Obradoiro 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 541 212 - Fax: 981 541 293
Correo-E: secretaria.xeral.presidencia@xunta.es
______
Onte unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia, no transcurso dun acto partidario na Praza do Hino Galego en Ferrol, solicitoulle ao Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, unha entrevista, entregandolle un escrito con exaustiva información sobre a situación actual da regasificadora de REGANOSA. O Vice, non estivo moi receptivo, disculpandose pola falta de tempo para antender as demandas cidadáns, às que dedicou apenas 3 segundos do seu valioso tempo. Ainda non se deu conta de que o BNG, perdeu 6.139 votos, só na cidade de Ferrol, na última contenda eleitoral do pasado 27 de maio [de 9.458 votos - o 22,63%- que tivo nas municipais de 2003, pasou agora a 3.219 votos -o 8,78%-], principalmente por non atender as demandas cidadáns, perdeu case a totalidade deses 6.139 votantes que non lle renovaron a súa confianza á forza política na que milita o Vice. Mais que lección tiraron destes resultados ? Quo vadis BNG ?
____
Continua o Peche no Concello de Mugardos
CCE -comitecidadan@iespana.es
23 de Julho de 2007 19:53
Continua o peche no na casa do Concello de Mugardos, hoxe o número de encerrados supera os 50 e nalgúns momentos cos visitantes chegou a verse mais de 100 persoas no salón de plenos e nos corredores de entrada.
Adxunto acompáñase o escrito que se entregou por rexistro municipal de Mugardos á primeira hora da mañá de hoxe, cara ás 10 da mañá.
Posteriormente unha runion de portavoces municipais convocada polo Alcalde Xpose Fernandez Barcia, acordou por unanimidade apoiar a petición de entrevistas solicitadas a Francisco Barroso Palomino Director do Area de Industria e Energía da Coruña do que depende aurtorizar ou non o acta definitiva de explotación a Reganosa, así mesmo coa Dirección Xeral de Protección Civil de Galicia a cal promoveu indebidamente un Plan de Emerxencia Exterior que foi aprobado pola Xunta de Galicia o pasado 19 de xullo.
A última hora de hoxe continuase sen resposta a devanditas entrevistas que por escrito foron solicitadas o pasado 12 de xullo e hoxe a Presidenta da Plataforma Veciñal O Cruceiro de Mehá, Luz Mariña Torrente López, ten reiterado tamén por escrito enviado na mañá de hoxe por fax e por correo certificado urxente aos dous mecionados organismos.
Este peche prodúcese así mesmo cando desde o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol estase tamén á espera pola resposta dun escrito enviado á Dirección Xeral de Protección Civil en Madrid e tamén á espera de resposta do Ministro de Industria aos escritos que desde xuño de 2006 se lle enviáron, o último entregado en man o pasado 11 de xullo de 2007 na súa visita a Ferrol, solicitandolle que ordene ao Area de Industria e Enerxía (que depende do mesmo) non sexa autoarizada o acta definitivo de explotacion ou funcionamento que Reganosa non ten e que lle é obrigado soliciar, para o que esta pendente de resolver condicionados da súa auatorizacion de construccion relacionados coas distanncias ás poboacións e a saída de urxencia dos buques gaseros.
Carmelo Teixeiro
Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia
_____________________
asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com- 24 de Julho de 2007 16:04
Para: Avv MEHÁ -ocruceiro@canal21.com-
A Xunta Directiva expresa a súa solidariedade cos veciñ@s de Mugardos- MEHÁ na súa reivindicación contra a PLANTA DE GAS , PRETO DA SUAS CASAS.
ADHESIÓN PLATAFORMA VECIÑAL DE “ MEHÁ “
A Asociación Veciñal de O ROSARIO- INFERNIÑO , quere manifestarvos a nosa ADHESIÓN E SOLIDARIEDADE pola causa que defendedes a prol da DEFENSA DA RIA DE FERROL e o voso ENTORNO NATURAL NO CONCELLO DE MUGARDOS.
Estamos seguros que os vosos ESFORZOS terán como resultado o RESPECTO E ADMIRACIÓN da VECIÑANZA máis comprometida coa comarca , por así REIVINDICAR UN ESPAZO NATURAL COMO É A RÍA DE FERROL que como sabemos non necesita carta de presentación .
Sabemos que esta é un batalla dura e longa contra poderosas EMPRESAS ECONOMICAS , MEDIATICAS , FORZAS POLÍTICAS DE CENTRO ESQUERDA E DEREITAS que baixo a desculpa e escusa “ESTRATÉXICA” , DESTRÚEN e POÑEN en PERIGRO A VIDA DE TODA A RÍA DE FERROL.
Estamos convencidos de que o PLANO DE EMERXENCIA DE REGANOSA non cumpre as mínimas esixencias de seguridade xa que a propia PLANTA SIGNIFICA UNHA INSEGURIDADE DENTRO DA RÍA ademais de unha irresponsabilidade , sendo unha falacia e tomadura de pelo para a cidadanía.
Dámosvos moito ANIMO E PERSEVERANZA na vosa loita veciñal , ambiental e cidadá.
Ferrol a 24 de Xullo de 2007.
asdo. Pedro Cachaza -Secretario
asdo. Xosé M.Sanxoán - Presidente
--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
_______________
Actualizado o Blog Noticiário do Noroeste:
a 24 de Xullo de 2007, ás 23:31 hrs.
Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon