O buque "Akwa Ibom" entrou na Ría de Ferrol, no segundo intento, coa pleamar diurna das 20:45 hrs, atracando no peirao de Punta Promontoiro coa sua perigosa carga de GNL, para a ilegal planta regasificadora de REGANOSA.
____________
_______
No primeiro intento pola mañá, o buque metaneiro, non tivo máis remedio que abortar a maniobra para entrar na Ría de Ferrol. A Xente do Mar e o Comité Cidadá, bloquearon a Ría con lanchas, mais pola tarde o perigoso buque entrou case sen oposición no mar. Unha pequena, GRANDE PIRAGUA, cunha valiosa banderola vermella, co lema "PLANTA DE GAS FORA DA RÍA", mantivose diante do perigoso buque metaneiro. Todo un símbolo da nosa loita contra REGANOSA.
En terra, no peirao de Ferrol, unha grande concentración sonora, de varios centos de persoas petando nas cacerolas, manifestaba a súa oposición a que poida entrar un metaneiro na Ría, cunha carga tan perigosa, sen que as autoridades non fagan nada para impedilo, mais fan todo ocontrario custodian e facilitan que estes buques entren na Ría de Ferrol, poñendo en perigo á poboación que moramos no seu contorno. O Comité Cidadá de Emerxencia ten presentado denuncia deste feito nos xulgados de Ferrol, pois oinxusto e ilegal permiso de funcionamento en probas que lle concederon a REGANOSA o 4 de maio pasado, remataba o 4 de Agosto, a non ser que a irresponsabilidade siga campando polo Ministerio de Industria e lle concederan unha prorroga a tal despropósito gasístico.
Segundo publica La Voz de Galicia [ "La Voz de Reganosa"], a empresa regasificadora esixe unha postura clara á Administración sobre a planta. Tamén, segundo este "desinformativo" atribue ao Subdelegado de Goberno o calificativo de "Bucaneros" para referirse ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e a Xente do Mar que no seu deber cidadán protestaban no medio da bocana da Ría contra a entrada do perigoso buque.
A cidadanía continua coas mobilizacións e recadando apoios, onte á noite e na madrugada de hoxe, no concerto de Macaco, centos de persoas "apoiaron coa súa actitude e aplausos" o comunicado da veiñanza de Meá leido, no mediodo concerto, polo cantante do grupo. No mesmo concerto como nos anteriores de Banda Bassotti, houbo mesas para recoller asinaturas contra a planta regasificadora de REGANOSA.
En Mugardos coa veciñanza pechada na casa do concello estivo Pulpiño Viascón e Turu. Mais veciñas e veciños de caranza desplazaronse en Autobus até a vilamariñeira e pola noite proxectaronse os documentarios "Un gaseoducto no meu xardín" e "O Salrio do Silencio", no Centro Cívico e Cultural de Caranza.
Esta tarde a veciñanza de Meá recibirá a visita do Colectivo Sociocultura "A Revolta de Trasancos", que confraternizará coa veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos, aos que levara a súa solidariedade e unha ducia de cancións e pezas musicais. A asociación veciñal informa de que o escritor Manolo Rivas que tiña previsto a súa visita a Mugardos esta tarde, aprazou a viaxe para máis adiante por motivos persoais.
A xente xa se está entrenado para cubrir os case 17 KM que separan ao Porto de Ferrol da Casa do Concello de Mugardos, por terra, para a vindeira Marcha Cidadá a Mugardos, convocada polo Comité Cidadá de Emerxencia, para reclamar que non se autorice o funcionamento da ilegal e perigosa planta regasificadora que REGANOSA localizou dentroda nosa Ría, mais tamén a marcha é para solidarizarnos e sumarnos á loita da veciñanza mugardesa que leva case un mes de peche na Casa do Concello.
___
VISITA DE XAQUIN RUBIDO AO CONCELLO DE MUGARDOS
Asociación Veciñal "O cruceiro de Mehá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
18 de Agosto de 2007 12:40
Para: artabra21@gmail.com
Hoxe sábado dia18 as 17 horas Xaquin Rubido, Presidente da "Plataforma para a Defensa da Ría de Arousa", acudirá a visitar os veciños e veciñas pechadas no concello de Mugardos contra a instalación de Reganosa.
Lembramos que ás 20 horas tamén actuará en solidadaridade cos veciños a "A REVOLTA DE TRASANCOS"
Plataforma de veciños O cruceio de Mehá
______________
Cartaz consensuado na pasada reunión [16.08.2007] do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Pregase difundir o cartaz.
Se alguén quere o cartaz en formato PDF a cor ou B/N que o solicite ao correo-e:
artabra21@gmail.com
[Clicar acima del para ampliar]
______________________
Noticiario actualizado a 18 de agosto de 2007 ás 14:39
___________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon