luns, agosto 20, 2007

Praza de Sartaña Sempre Pública !!

Ferrol

Sartaña sempre pública !!
con este berro reivindicativo a veciñanza de Sartaña que integran o Colectivo Veciñal, expresaba unha demanda para protexer unha Praza Pública ameazada polo despropósito urbanístico do anterior Goberno Municipal liderado por Juan Juncal. O promotor do despropósito era Leopoldo Ibáñez Santiago, que foi Concelleiro de Deportes e Presidente do Patronato Municipal de Deportes. Pertenece ao Grupo Político de Independientes por Ferrol e que segue como concelleiro na actual lexislatura. Temos que aledarnos que grazas ao resultado das eleccións non ten responsabilidades de goberno. Durante os anos de Concelleiro de Deportes fixo muitas amistades, entre as que se atopa SERVIOCIO, empresa concesionaria [a única que se presentou á licitación] do proxecto do Centro de Saúde, Deportivo e Lecer de Sartaña [mini piscina incluida]. Un pretendido Centro de Saúde, Deportivo, ... que coa tapadeira do eufemístico nome só escondía unha empresa privada de hostelería e servizos que suporía a desaparición dunha Praza de interese veciñal e uso público.

Veciñas e veciños afectados e indignados por tal despropósito especulativo, dirixíronse a AAVV do barrio para demandar un posicionamento acorde coa defensa do barrio e da veciñanza do lugar, máis só atoparon en tal entidade un servilismo desmesurado ao poder municipal da dereita ferrolán. Unha asociación veciñal dominada na súa directiva por un grupo de persoeiros aos que non lles importaba que especularan cunha praza pública, co patrimonio de todas e todos. A veciñanza afectada e indignada, non tivo máis remedio que organizarse e constituir un colectivo que, por case tres anos, mantivo a bandeira da dignidade veciñal moi alta, cun exemplo de coerencia, unidade e sentido da xustiza que é todo un exemplo para o movimento cidadán comarcal. Atrás quedan días de loita, mobilizacións, alegacións, denuncias, ... E ao final os obxectivos cumpridos. A Praza de Sartaña, seguirá sendo Pública, mais remodelada e acondicionada coa participación veciñal.

Aledémonos pola xente de Sartaña !!
Pabéns para as compañeiras e compañeiros do Colectivo Veciñal que fundou e participa na nosa Plataforma Ártabra 21 !!


"LA VOZ DE GALICIA", SEGUE MANIPULANDO

Mais non queremos rematar esta nota de noraboa e agradecimento á veciñanza de Sartaña, sen mencionar a un medio de comunicación, como é "La Voz de Galicia" e a todo o "Grupo Voz" que sempre estivo do lado do grupo de goberno municipal de Juncal e Leopoldo Ibañez, intoxicando e manipulando a información sobre este conflito social. Até nos últimos momentos de vida deste despropósito que tanto apoiaron, intentan manipular e desinformar á poboación da nosa comarca. Como última proba, o cómo deron a noticia, tanto na súa edición dixital como na impresa, o pasado sábado 18 de Agosto, da reunión da veciñanza con Miguel Ángel Raimúndez González, Concelleiro de Equipamento, Vivenda, Obras e Rehabilitación.

Para ampliar a imaxe clicar acima dela

Co seu titular, "La Voz" pretende magnificar a falta de asistencia á reunión, dunha asociación veciñal do barrio, elevandoa ao absoluto: "Los vecinos de Ultramar plantan a Obras para hablar de Sartaña", cando a maior parte das asociacións do barrio convocadas, estiveron presentes na reunión, como así mesmo recoñece o mesmo xornal na letra pequena. E o que é máis importante, estiveron presentes a representación da veciñanza máis directamente afectada.

OPAI !! MIGUEL

Por último, felicitar ao noso excompañeiro da PA21, Miguel Raimúndez, polo excelente traballo e maneira de proceder, nos poucos días que leva tendo a responsabilidade na Concellaría de Equipamento, Vivenda, Obras e Rehabilitación.
__________________

Enlace relacionado na páxina web do Concello de Ferrol:
O goberno local defende desestimar o proxecto da piscina en Sartaña
_____________

3 comentarios

Longa travesía tivo que sofrir o COLECTIVO SARTAÑA con moita tenacidade contra os abusos e excesos mediaticos e do propio goberno local.
PARABÉNS!!

Opaii ... MIGUEL
Grande Concelleiro, aplicando políticas urbanistícas moi vangardistas .
Continúa a nos sorprender na súa forma tan fresca e de esquerdas.
Saúde.

Miguel non nos falles


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon