Celebrada a XV Asemblea Cidadá, en Ferrol Vello, onde se analizou o estado da situación na luita contra o despropósito gasístico e os dispositivos cidadáns para a celebración da manifestación do vindeiro 30 de setembro.
Comezou a Asemblea, ás 8 da tarde coa exposición do Informe de Situación, onde se analizou a actividade desenvolvida desde a pasada Asemblea; as mobilizacións; a recollida e entrega de asinaturas; a edición de material de difusión e propaganda; o peche na Casa do Concello de Mugardos; a constitución dunha Mesa de Traballlo do Comité Cidadán de Emerxencia; as entrevistas coa administración; os apoios e solidariedade recebida; ...... Valorandose a situación na que estamos, remitindose a nivel de sintese á folla informativa da convocatoria da Manifestación Cidadá do domingo 30 de Setembro. Considerase que estamos ao final dunha etapa que vai depender da concesión ou non da acta de funcionamento definitivo. Hai que ter en conta que a regasificadora, está funcionando en probas até o 8 de novembro, data na que finaliza o actual permiso provisional. Outro dos asuntos pendentes que afectan a situación é a decisión que ten pendente a Comisión Nacional de Enerxía en Madrid, sobre os contratos entre Gas Natural e ENDESA, para o suministro de gas á central de ciclos combinados das Pontes. Esta etapa, pois vai ser decisiva, para a resolución do confito, en termos positivos para a cidadanía ou para continuar baixo a ameaza de REGANOSA.
Informouse das declaracións de Felix Alonso, con motivo da visita do Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, a REGANOSA, nunha ofensiva mediática, para paliar os efectos do derrube dos muros de silencio e a saída á luz dos argumentos opositores á localización da planta regasificadora dentro da Ría de Ferrol. Entre as sete e as oito e media da mañá do día de hoxe foron 7, as veces que saíron as declaracións de Felix Alonso na Radio Pública Galega. E todos os medios informativos e desinformativos, fanse eco das declaracións do mencionado. A ofensiva mediática e as palabras coas que se vitimiza o representante da ilegal e perigosa REGANOSA, van ser reproducidas centos de veces antes de que pase o día.
Informouse das próximas citas que temos antes da manifestación do 30 de setembro.
____
Folla Informativa da Convocatoria da Manifestación do 30 de Setembro en formato PDF, para reproduzir e fotocopiar:
Enlace co Ficheiro en formato -PDF-
Cartaz da Convocatoria:
Enlace co ficheiro onde está o cartaz en formato -JPG-
Informe apresentado na Asemblea Cidadá, nos Arquivos Ártabros:
Enlace onde está o Informe
_____
[Para entrar clicar no enlace ou acima da imaxe]
______
Próximas citas:
AS PRÓXIMAS CITAS
Nos próximos días temos unhas citas de moita importancia ás que lles debemos prestar atención:
- 15 de Setembro, sábado, reparto de follas informativas coa convocatoria e obxectivos da manifestacióna e mesa en Caranza, diante do Campeonato de España Cadete e Junior de Triatlón que terá lugar no barrio.
- 15 de Setembro, sábado, ás 2 da tarde, saída do autobus, diante do Edificio de Correos, na Praza de Galiza de Ferrol, para desprazar-nos até Ribadavia, atendendo a un convite do movimento popular desa comarca contra a pretensión de instalación dunha grande incineradora - vertedoiro de lixo, na comarca do Ribeiro, chamado eufemisticamente Parque Medioambiental de Carballeda de Avia. A veciñanza opon-se polos perxuizos que lles vai causar á agricultura da zona e por estar moi próximo a núcleos de poboación [+ info]. É unha mobilización cidadán que convoca a Plataforma Veciñal da Comarca do Ribeiro "Temos Dereito a Saber". [Coordena o Comité Cidadán de Emerxencia, quen queira desprazar-se até Ribadavia no autobus, ten que apontar-se no seguinte telefono 690612737].
- 16 de Setembro, domingo, reparto de follas informativas e mesa, no Feirón de Ferrol, desde as 11 da mañá.
- 20 de Setembro, Xoves, ás 20:00 hrs, na Biblioteca Municipal de Pontedeume, Organizado polo Colectivo Fusquenlla: Proxección de “O salario do silencio”. Será presentado pola actriz e produtora executiva do documental, Mabel Rivera, e por Enrique Banet, director. Tamén estarán presentes Miguel López (da Asoc. Veciñal Fontelonga), e Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataf. de Veciños O Cruceiro de Mehá).
- 21 de Setembro, venres, proxeción pública do documentario "O salario do Silencio", ás 9 da noite na Praza do Hino Galego en Esteiro.
- 21 e 22 de Setembro, celebrarase en Esteiro o Festival Fervesteiro, adicado a Loita Cidadá contra REGANOSA, será a pregoeira do Festival Luz Mariña Torrente, presidenta da Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá" e unha das portavoces da veciñanza pechada na Casa do Concello de Mugardos.
- 22 de Setembro, Sábado, ás 12 do mediodía, Salón de Actos da Universidade, Facultade de Humanidades - Campus de Esteiro, reunión de intelectuais, xente das letras e da cultura, para elaborar e asinar un manifesto contra o despropósito gasístico de REGANOSA.
- 25 de Setembro, Martes, ás 19:30 hrs, no Ateneo Ferrolán, Asemblea Xeral da Plataforma Ártabra 21.
- 30 de Setembro, domingo, ás 12 do mediodía, MANIFESTACIÓN CIDADÁN, con saída desde o Porto de Ferrol, diante do edificio da Autoridade Portuaria, até a Praza do Concello de Ferrol, baixo o lema "PLANTA DE GAS FORA DA RIA".
_____________________
Seguiremos informando e completando a noticia nas próximas horas.
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon