De: ADEGA-TRASANCOS
CARLOS OUTEIRO BAAMONDE
-couteiro@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de setembro de 2007 12:52
Asunto: Notas desde ADEGA - Trasancos: Compostaxe, canteiras de Valón, Monteventoso e Prioriño.
Adxúntovos nota de prensa enviada hoxe aos distintos medios de comunicación,
aproveito para informar doutra sobre unhas canteiras en Valón e finalmente
sobre os terreos de Monte Ventoso e Prioriño.
Un saúdo, Carlos Outeiro.
NOTAS DESDE ADEGA-TRASANCOS
Programa de compostaxe caseira
Este luns día 10, membros da dirección de Adega nacional e da delegación ferrolana mantivemos reunións coa concelleira de M.A. de Ferrol e cos concelleiros de M.A. de Valdoviño e San Sadurniño co obxectivo de propoñerlles a inclusión destas administracións locais ao programa de compostaxe caseira que promove a nosa organización ecoloxista.
Queremos agradecer a boa acollida que tiveron as nosas propostas nos tres concellos, en todos os casos valoraron como posíbel e positivo integrase nun programa no que vimos traballando desde hai xa 5 anos.
A día de hoxe este programa fica amparado nun convenio subscrito entre a nosa organización, SOGAMA e a Consellaría de M.A. co interese de potenciar a compostaxe dentro da xestión dos residuos sólidos urbanos. Defendemos este modelo como o máis racional desde o ponto de vista económico e de xestión ecolóxicamente sustentábel. Valoramos como perfectamente realizábel que un total de 300.000 vivendas na Galiza cheguen a participaren, o cal reduciría moito o volume de residuos a xestionar (calcúlase que entre un 50 e un 60 % da bolsa do lixo corresponde á fracción orgánica) co que se reduciría a necesidade de verquedoiros e o custo da súa xestión. Asemade disporiamos dun compost da máxima calidade, válido para utilizar incluso en agricultura ecolóxica por superar os controis máis rigurosos estabelecidos na normativa europea.
A importancia do programa de compostaxe defendido por ADEGA foi recoñecido recentemente pola entidade Caja Madrid co primeiro premio como iniciativa a espallar no conxunto do Estado Español.
Agardamos que en breve as persoas residentes nos mencionados concellos: Ferrol, Valdoviño e San Sadurniño, podan instalar un composteiro doméstico apoiadas polas súas administracións locais. O seguemento técnico do proceso realizarase de balde por parte de Adega para temos a seguridade de obter, en todos os casos, un compost da máxima calidade.
Máis información sobre a compostaxe caseira na páxina web de ADEGA:
www.adegagaliza.org
Un saúdo, Carlos Outeiro Baamonde
Adega-Trasancos Tlf – 690 30 72 45
En Ferrol a 11 de setembro do 2007
_____________
Canteiras en Valón
Serxio Perille Seoane, con D.I. nº 32.683.404 J, con domicilio, a efectos de notificación, en R/Alonso López nº 26 – Ferrol (Galiza) Tlfno: 662 428.976, actuando en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e tamén en nome propio, fronte á ALCALDÍA do CONCELLO de FERROL
EXPÓN:
Informámonos polo xornal Diario de Ferrol do anuncio datado o 16/08/2007 con respeito a unha solicitude de obras de mellora nunhas fincas no lugar da Costa Brava en Doniños (polígono 22, parcelas 170 e 173)
O promotor destas obras, Alfredo Carroldeguas Rodríguez, ten iniciado actividades de extracción de áridos nesas mesmas fincas, as cales foron paralizadas por non estaren suxeitas á legalidades vixente.
SOLICITA:
1. Que se extremen as precaucións na posíbel autorización das obras citadas por canto, entendemos, poden servir de desculpa para emprender actividades de explotación de áridos nunha ubicación non permitida e cuxos efectos ambientais sobre o entorno serían irrebersíbeis.
2. Información por escrito sobre:
- a. Situación da referida solicitude e previsións sobre a súa posíbel concesión.
- b. Iniciativas que o concello contempla para restituir ou facer restituir o entorno destas fincas ás condicións previas á realización das obras que foron paralizadas.
En Ferrol, a 6 de setembro do 2007
Asdo: Serxio Perille Seoane
Socio de Adega - Trasancos
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Pza Camilo Díaz Valiño, 2º A 15704 Santiago de Compostela
Correo electrónico: adega@adega.info
Páxina electrónica: www.adega.info
Tfnos: 981.570099 /619 808662
_____________
Monte Ventoso e Prioriño
Carlos Outeiro Baamonde, con D.I. nº 32.646.306-Z, con domicilio, a efectos de notificación, en Montefaro D 60 c.p. 15550 – Valdoviño (Galiza), Correo electrónico: couteiro@hotmail.com Tfno: 690 30 72 45, actuando en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e tamén en nome propio, fronte á ALCALDÍA do CONCELLO de FERROL
EXPÓN:
Na actualidade o concello de Ferrol está a negorciar co Ministerio de Defensa un convenio para o traspaso da titularidade dunha serie de propiedades desafectadas de usos militares.
Entre as propiedades desafectadas fican os entornos de Monte Ventososo e da Batería de Prioriño cuxa ubicación no litoral entre o Porto Exterior e Doniños e, a súa inclusión no LIC Costa Ártabra (xa que logo, formando parte da proposta de Rede Natura 2000) motivan o noso interese ao considerar estas propiedades como de grande valor ecolóxico, por canto supoñen zonas non antropizadas nas proximidades da entrada da Ría de Ferrol, cun potencial de conservación intacto.
SOLICITA:
1. Que, o concello de Ferrol defenda fronte ao Ministerio de Defensa a necesidade da inclusión destas propiedades no convenio actualmente en negociación co compromiso de permitir nelas exclusivamente obras de consolidación de infraestruturas existentes ou de mellora na conservación do seu importante valor natural e paisaxístico.
2. Información da posición do concello a respeito da inclusión referida.
3. Coñecermos as previsións do Concello de Ferrol para evitar que este entorno se poda ver afectado negativamente pola actividade presente e futura no Porto Exterior quer no caso de ficar en mans do Ministerio de Defensa quer, no de se integraren no convenio. O feito de ser xa unha realidade tanxíbel esta instalación portuaria fainos demandar coñecermos estas previsións co maior detalle posíbel, incluíndo os prazos temporais de actuacións concretas.
En Ferrol, a 10 de setembro do 2007
Asdo: Carlos Outeiro Baamonde
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
Pza Camilo Díaz Valiño, 2º A 15704 Santiago de Compostela
Correo electrónico: adega@adega.info
Páxina electrónica: www.adega.info
Tfnos: 981.570099 /619 808662
_______________________----
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon