sábado, setembro 08, 2007

Este venres, tivo lugar unha nova protesta diante da entrada do buque gaseiro "LNG Oyo" [Séptimo Buque], para a ilegal e perigosa REGANOSA

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 8 de setembro de 2007 10:44

Asunto: Nova protesta de "benvida" ó sétimo gaseiro de Reganosa



FERROL
Nova protesta de "benvida" ó sétimo gaseiro de Reganosa
Os convocantes non bloquearon o paso do "LNG Oyo" pero ameazan con volver á carga e concentrarse indefinidamente diante do Concello
E.P. . FERROL

A plataforma cidadá contraria a Reganosa concentrouse onte para recibir o gaseiro
FOTO: KIKO DELGADO


O buque LNG Oyo accedeu onte, ó redor das 13.50 horas, sen complicacións á ría de Ferrol. Trátase do sétimo gasero que recibe a planta de gas de Reganosa, situada en Mugardos (A Coruña), desde que iniciou a súa fase de probas o pasado 9 de maio. Nesta ocasión, os mariscadores non realizaron accións de protesta nin bloqueo en mar e a oposición cidadá a Reganosa limitouse á concentración dunhas 50 persoas no porto de Ferrol.

O gaseiro, con bandeira de Bermudas e construído no ano 2005, descargará 63.681 metros cúbicos de gas natural licuado, equivalente a 127.382 toneladas. Desde as 13.30 horas, un grupo duns 50 veciños secundaron no peirao de Ferrol a cacerolada de protesta contra Reganosa convocada polo Comité Cidadán de Urxencia da Ría de Ferrol (CCE), que desde 2001 se opón á actual localización da planta de gas en Mugardos e reclama o seu traslado ó exterior da ría ferrolá.

Con anterioridade, ás 12.00 horas, o Comité de Urxencia presentou no rexistro da Xunta de Galicia en Ferrol 3.525 firmas coas que lles solicitan ó Ministro de Industria, Joan Clos, e director da Área de Enerxía e Industria da Coruña, Francisco Barroso Palomino, que non se lle conceda a Reganosa a acta de funcionamento comercial.

Os membros do Comité aseguran que Reganosa supón "unha ameaza" para a vida dos cidadáns, porque consideran que non cumpre a distancia legal ós núcleos de poboación, nin ten asegurada a saída de buques gaseiros a mar aberto en caso de urxencia. Ademais, onte o peche dos veciños de Mugardos no consistorio da localidade en protesta contra a actividade de Reganosa cumpriu 46 días.

Nesta ocasión, os mariscadores decidiron en asemblea non realizar accións de bloqueo na ría, á espera da reunión que confían en manter a próxima semana con representantes da Delegación do Goberno en Galicia, as consellerías de Industria e Pesca e a propia Reganosa. No encontro, os mariscadores reclamarán que se modifique o sistema de regasificación actual de Reganosa, no que se utiliza auga da ría ferrolá, porque estiman que o proceso dana os bancos marisqueiros. No caso de que non se modifique o sistema, retomarán as accións de protesta contra os gaseiros e poderían realizar unha concentración indefinida na praza do Concello de Ferrol.

PORTO EXTERIOR

Comeza a actividade comercial en Caneliñas coa chegada dun buque x

O porto exterior de Ferrol estreou onte a súa actividade comercial coa chegada do buque Barock, que tiña previsto descargar 800.000 toneladas clínker nas naves de almacenaxe da empresa COP Galicia.

O Barock, procedente do porto chinés de Zhousan, atracou a primeira hora da tarde nunha manobra coordinada dende o CCS (Centro de Coordinación de Servizos) do Porto.

A infraestrutura de Caneliñas dispón dos medios para o atraque e operatividade de buques e na actualidade, as empresas concesionarias están a desenvolver os traballos de construción das súas instalacións. Atópanse na súa última fase as obras da rede de subministración eléctrica e o acondicionamento dos viais interiores.

O porto indica que está a realizar todas as accións necesariaspara compatibilizar o inicio da actividade comercial dos concesionarios cos traballos de acondicionamento das zonas de uso público e as obras das empresas desta zona.

________________

Enlace coa noticia orixinal
________________
ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal

________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon