mércores, setembro 26, 2007

Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol sobre a explosión en Mugardos

Tags

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de setembro de 2007 18:45
Asunto: Nota Prensa do CCE sobre explosión en Mugardos



Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol sobre a explosión en Mugardos.

Explosión contra as veciñas e veciños de Mugardos
26 de setembro de 2007

O Comité Cidadán de Emerxencia a raíz da forte explosión que tivo lugar ás tres da madrugada do 25 de setembro, no lugar de A Pedreira Mugardos, nun contenedor de vidro ubicado dentro do recinto do aparcamento da Escola Unitaria de “Os Novas”, fai público este comunicado:

Dita escola unitaria de Os Novas leva varios anos, que sendo unha dependencia municipal, está a ser usada para as reunións dos veciños de A Pedreira e desde o ano 2000 pola propia Plataforma de Veciños O Cruceiro de Meá. En moitas desas reunións participaron membros do Comité Cidadán de Emerxencia en distintos momentos para a presentación de alegacións aos proxectos de Reganosa.

A explosión nese contenedor ten como vítimas inmediatas a veciñanza afectada e as súas vivendas. Tamén, temos claro que son vítimas directas os veciños da Plataforma O Cruceiro de Meá que sole utilizar a escola unitaria de Os Novas e que levan desde o 23 de xullo pechados no Concello de Mugardos, coa clara oposición do seu alcalde, reclamando varias entrevistas coas autoridades para que no sexa autorizada a entrada en funcionamento de Reganosa.

A 50 metros do contenedor explosionado está un coñecido Mesón de Comidas, que desde o 23 de xullo ten levado varias veces víveres aos veciños pechados na Casa do Concello.

O contenedor estaba situado a 600 metros dos tanques de Reganosa, no afectándolle obviamente nin a onda expansiva nin o ruído da explosión, porque neses 600 metros está o núcleo de poboación de A Pedreira.

Manifestamos polo tanto:

  1. Para cos veciños directamente afectados e cos compañeiros e compañeiras da Plataforma de Meá, a nosa máis fonda solidariedade.

  2. A nosa máis absoluta condena por este feitos e o noso desprezo para cos autores do artefacto.

  3. Que saiban estes últimos que non nos intimidan as ameazas. Tras oito anos de loita cívica contra a ameaza que supón a planta de gas de Reganosa, para a vida dos cidadáns, así como para a riqueza marisqueira e patrimonial da ría de Ferrol, este Comité non vai cesar na súa loita no marco do Estado de Dereito na defenda da legalidade vixente. A todos convocamos á manifestación do día domingo 30 de setembro, ás doce no porto de Ferrol.

  4. Rechazamos as declaracións de aqueles que durante anos deron mostras de complicidade coas ilegalidades de Reganosa, instrumentalizando este feito para confundir á opinión pública, coa sucia pretensión de deslexitimar a loita democrática dos cidadáns, e deste Comité.

  5. Solicitamos ao Sr. Delegado do Goberno en Galicia, a maior dilixencia para que as forzas e corpos de seguridade esclarezan os feitos, deteñan aos seus responsables e os poñan a disposición dos Tribunais de Xustiza.
¡Domingo 30 de setembro, ás 12 do mediodía, no Porto de Ferrol!
¡Planta de Gas, fóra da ría!

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

O seu correo electrónico é:
comitecidadan@iespana.es

A súa web:
http://comitecidadan.org/
__________________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon