xoves, setembro 06, 2007

O Comité Cidadán Informa: Última hora sobre entrega de escritos e Concentración Cidadán

Tags

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de Setembro de 2007 20:33

Asunto: Última hora sobre entrega de escritos e Concentración Cidadán




O Comité Cidadán Informa:
Última hora sobre entrega de escritos e Concentración Cidadán



CONCENTRACIÓN NO PORTO DE FERROL


O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, sen descartar outras actuacións en función dos medios dispoñibles, acordou convocar unha cacerolada-tamboreada nos peiraos de Ferrol, para as 13 horas deste venres 7 de setembro, diante dos edificios da Autoridade Portuaria e que se desprazará ata o extremo sur ou miradoiro e paseo marítimo fronte ás murallas do Arsenal Naval Militar, existente despois do embarcadoiro de pasaxe de lanchas para Mugardos, coincidiendo con el séptimo gasero con destino a Reganosa tratará de entrar con a única pleamar diurna ás 14:10 hrs

Tal concentración ten como finalidade que a cidadanía poida expresar o seu rexeitamento pola pretendida entrada ilegal na Ría de Ferrol dun séptimo buque Gasero, chamado “LNG OYO” cunha eslora de 285,4 metros, cargado con 127.362 m3 de Gas Natural Licuado para descargar nas instalacións que Reganosa está construíndo dentro da angosta Ría de Ferrol, sen garantía algunha de Reganosa nin da Autoridade Portuaria de que en caso de unha emerxencia durante a descarga ese buque gasero poida saír a mar aberto, con rapidez e polos seus propios medios tal e como require a norma EN-1532. Así mesmo sen que Reganosa teña todos os permisos, sen a autorización de funcionamento comercial ou definitiva que require o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002, sen ter resoltos os condicionados da súa autorización de construción que son imposibles de cumprimentar, entre eles a saída ao mar dos buques gaseros en caso de emerxencia e a distancia suficiente ata as poboacións segundo o artigo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo, incumprindo o RAMINP que require unha distancia mínima de dous quilómetros ata as poboacións, por todo o cal desde o pasado 9 de maio, con mais probabilidades na entrada e descarga dun buque gasero cargado de GNL, existe un risco real para a vida humana na Ría de Ferrol, para a súa riqueza marisqueira e para o emprego dos seus 600 traballadores do mar.


ENTREGA DE FIRMAS NO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA

Por outra banda ás 12 da mañá deste venres sete de setiembre, representantes do Comité Cidadán de Emerxencia acudirán as oficinas da Xunta de Galicia na Praza de España en Ferrol, en cuxo rexistro presentarán senllos escritos dirixidos ao Ministro de Industria, Joan Clos, e ao Director da área de Industria e Enerxía da Coruña, Francisco Barroso Palomino, acompañando cada un dos escritos con 3.525 firmas de cidadáns que manifestan o seu total desacordo coa localización dunha planta de Gas Natural Licuado dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol, que Reganosa esta construíndo sen ter acreditado que cumpra coa lexislación vixente, nas proximidades de núcleos de poboación que suman mais de 100.000 habitantes, cuxa vida ameazaría en caso de entrar en funcionamento, co risco permanente dun accidente grave na planta ou nos grandes buques gaseros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do Arsenal Naval Militar. Por todo iso SOLICÍTASELLES que non sexa aprobado o acta de explotación comercial ou de funcionamento definitivo de Reganosa.

Ferrol 6 de setiembre de 2007
______________

Comité Cidadán de Emergencia para a Ría de Ferrol.

O seu correo electrónico é:
omitecidadan@iespana.es

A súa web:
http://comitecidadan.org/
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon