luns, setembro 03, 2007

REGANOSA non cumpre a norma NFPA 59 A sobre Produción, Almacenaxe e Manipulación de Gas Natural Licuado (GNL). Publicado o FUNDAMENTO 6º

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 2 de Setembro de 2007 22:26
Asunto: Publicado o FUNDAMENTO 6º "Non cumpre a norma NFPA 59 A sobre Produción, Almacenaxe e Manipulación de Gas Natural Licuado (GNL). Ano 2001"



FUNDAMENTO 6º - NO SE DEIXOU UNHA ZONA DE SEGURIDADE AO REDOR DA PLANTA SEGÚN A NORMATIVA NFPA 59 A

PREGAMOS A MÁXIMA DIFUSIÓN A PERSOAS E ORGANISMOS INTERESADOS.
Grazas.


Ola de novo:

Tal como prometémosvos, enviamos en arquivo adxunto o FUNDAMENTO 6º que invalidan técnica e legalmente a localización da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo REGANOSA en Punta Promontoiro (Mugardos), Ría de Ferrol.

Non nos cabe nin a máis mínima dúbida que os xuíces vana a parar cando se finalicen os procesos xudiciais en curso. Este FUNDAMENTO 6º axudará a comprender a falta de criterio e sentido común da localización da planta de gas licuado pois nin se tivo en conta a normativa do sector que intenta previr ou mitigar as consecuencias de accidentes maiores susceptibles de ocorrer neste tipo de instalación.

Estamos abertos aos COMENTARIOS, SUXESTIÓNS e CRITICAS que se puidesen realizar sobre a lectura deste fundamento e, por suposto dos anteriores. Os comentarios pódense facer en ferrol.cape@gmail.com

Tal como prometemos no anterior comunicado presentaremos unha alternativa técnica á planta de Gas de Mugardos que permite recibir GAS NATURAL para o consumo dos Ciclos Combinados de Galicia sen a necesidade de meter na angosta Ría de Ferrol eses perigosos gaseros e cun CUSTO MOI ACEPTABLE.

Os que desexen recibir unha nova copia dos FUNDAMENTOS anteriores, por favor enviar unha mensaxe solicitándoo.

Saúdos a tod@s do blog www.f-cape.org ¡NON QUEREMOS OUTRO "NUNCA MAIS" e menos en Ferrol!

Enlace co Fundamento 6º


PLANTA DE GAS FORA DA RIA ¡XA!

Realiza: Colectivo universitário opositor á planta de GNL dentro da Ría de Ferrol .
Ferrol.cape@gmail.com
www.f-cape.org

Blog opositor á localización da planta de Gas Natural Licuado dentro da Ría de Ferrol
__
O blog www.f-cape.org (ferrolterra-Cidadáns Aliados para Protexer a súa Contorna) xorde pola SEN RAZON de políticos, especuladores e "técnicos competentes" que, debido aos seus intereses persoais, deciden situar unha peligrosísima planta de REGASIFICACION de Gas Natural Licuado na Ría de Ferrol. Este blog non é político nin ten relación algunha con persoas, entidades ou partes interesadas. O único interese na realización do blog está referido aos artigos 43 e 45 da Constitución Española pois nos preocupa a nosa seguridade e a da nosa familia.
___


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon