domingo, setembro 02, 2007

Sobre a inviabilidade económica de Reganosa

Tags

De: CCE -comitecidadan@iespana.es-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 2 de Setembro de 2007 02:02
Asunto: Inviabilidade económica de Reganosa



Adxunto achega-se o publicado por El Pais este sábado en linea de confirmar a inviabilidad económica de Reanosa

O que publica El Pais é unha ampliacion do que vén na páxina 20 do informe da CNE de 14 de xuño de 2007, que tamén se acompaña.

Según esa información Endesa ten con Gas Natural feitos contratos para subministración de gas natural ás centrais das Pontes. Iso ha de entenderse polo feito de que Endesa non ve seguro a subministración de gas natural desde Reganosa e prefire amarrar un subministrador para non correr riscos nos contratos de electricidade que teña feitos a partir da entrada en funcionamento dos seus ciclos combinados das Pontes, é dicir, como é logico nun operador eléctrico como Endesa prima o asegurar a venda e negocio de quilovatios por encima dos compromisos á siciliana con Fraga e o Sr Tojeiro.

Isto non é novidade, antes Caixa Galicia xa dera un paso aumentando os seus investimentos nun operador de gas portugues. Así se Reganosa fracasa José Luís Mendez pode dicirlle ao seu Consello de Adminsitración que seguen no sector do Gas con ese operador europeo e evitar que lle corten a cabeza polo erro de apoiar a Reganosa, asinando no 2000 o pacto á sicialiana e prestándolle ao Grupo Tojeiro todo un paston a cambio do 15,9% da súa participación co cal nestes momentos Caixa Galicia usufructua un 25,9% de partiacipación en Reganosa. Este mes de setembro haberá unha decisión sobre iso na Comisión Nacional da Enerxía.

En resumo o compromiso en Reganosa polos seus socios está sendo un estorbo para outros negocios máis importantes e as cacicadas non funcionan se orixinan menos beneficios ou resultan inviables economicamente.

Pero na Consellería de Industria, tanto o Fernando Blanco Conselleiro, como o Anxo Calvo Silvosa Director Xeral ou o Luís Barcia Delegado Provincial, vese que son uns mantas, que non se molestan en ter asesores adecuados para que a Xunta de Galicia prepare a respuesta á pregunta: despois do fracaso de Reganosa que?. Peor sería que a causa do empecinameinto da actual Xunta fose o que os socios do Bipartito tivesen "facturas" que lles obriguen a seguir aceptando a herdanza do Sr Fraga e atados a Reganosa até o final. O mesmo pode dicirse de Emilio Perez Touriño e os seus asesores.

Con esta noticia de El Pais na Xunta de Galicia deberían abrir unha investigacion co caso Reganosa, con máis motivo que para a Cidade da Cultura.

Para os operadores eléctricos como Endesa a prioridade é o negocio da venda de quilovatios e correspondientes contratos. Así mesmo asegurar a subministración de combustible para as súas centrais. Se o gas non lle vai a Endesa desde Mugardos, seguramente vendera a súa participacion en Reganosa e iso é o que xa había anunciado Gas Natural coa súa OPA. Se non se coñeceu iso antes é porque o PP a nivel de estado está botando unha man para salvar os mobles ao Sr Fraga no seu compromiso co Sr Tojeiro. Pero ese intervencionismo ten un límite e é impresentable nunha economía europea de libre mercado

Tamén esta noticia demostra que o problema de Reganosa non é que fan coa inversión realizada en Mugardos, a cual máis tarde ou cedo terán que reciclar para outra finalidade distinta a unha planta de Gas. Por iso xa hai quen está pensando no despois do fracaso de Reganosa qué?. Endesa xa tomou unha decisión asegurando a subministración de gas natural aos seus ciclos combinados importandolle un comino se ven de Barcelona no canto de Mugardos. Que tomen nota certos "utilitaristas" de actualidad en Galicia polo seu "arribismo antinatura" no apoio a Reganosa, aceptandola como herdanza ou por considerala erroneamente unha batalla perdida.

Se a Xunta de Galicia de verdade quere traballar por unha plataforma gasista galega está a tempo para iso no Porto exterior ou en mar aberto do Golfo Ártabro, con outros operadores distintos que Reganosa que os ten e sábeno.

Saúdos Cordiais
Carmelo Teixeiro

Páxina 20 Informe CNE de 14 xuño 2007
[Para ampliar clicar acima da imaxe]


El Pais 1 de setembro de 2007 contratos Endesa GASNATURAL
[Para ampliar clicar acima da imaxe]


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon