domingo, outubro 07, 2007

Comunicado urxente da plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá", sobre a queima, na madrugada de hoxe, da faixa que estaba na fachada da Casa do Concello

Tags

De: Plataforma Veciñal "O Cruceiro de Meá"
ocruceiromeha@yahoo.es
Para: artabra21@gmail.com
Data: 7 de outubro de 2007 11:37
Asunto: URXENTE COMUNICADO DE PRENSA



URXENTE COMUNICADO DE PRENSA

Na madrugada do día 7 de Outubro sobre as 6:30 horas persoa ou persoas descoñecidas queimaron a pancarta que a veciñanza encerrada na Casa do Concello de Mugardos tiñamos colocada na fachada principal de devandito edificio, onde se indicaba o número de días que desde o 23 de Xullo levamos encerrados, 75 naquel momento.

A pesar de que os presentes no peche a esa hora atopabámonos no interior do edificio, os culpables do vandálico acto, non dubidaron en pór en perigo as nosas vidas, podendo provocar queimaduras ou algún problema grave de intoxicación se o lume ou o fume entrasen en devandito local.

Queremos recordar que con esta, é xa a terceira agresión que os veciños encerrados sufrimos durante a nosa protesta no concello:

1º Secuestro do mural por parte do alcalde.

2º Explosión dun artefacto no interior dun colector de vidro, próximo ás vivendas da veciñanza e ao local onde habitualmente realizamos as nosas reunións.

3º Queima da pancarta á que nos estamos referindo neste comunicado.

Unha vez máis denunciamos que nos sentimos prexudicados ante ese tipo de grupos de intransixentes que pretende impedir a liberdade de expresión de xente que protestamos cívica e exemplarmente contra a localización da planta de gas de REGANOSA no interior da ría de Ferrol.

Significar que no momento de enviar este comunicado xa se presentou a oportuna denuncia por parte da Asociación Veciñal "O Cruceiro de Mehá"

Significar tamén que aínda non se presentou no concello desta localidade nin o alcalde, Xosé Fernández Barcia nin ningún outro membro da corporación, ao obxecto de interesarse polos feitos acaecidos.

Aproveitamos tamén para recordarvos que hoxe ás 14:00 horas hai unha concentración-cacerolada no peirao de Ferrol como protesta da entrada do 8º gasero para REGANOSA. A continuación unha caravana de vehículos desprazarase desde o porto de Ferrol cara aos tanques de REGANOSA (Mugardos) a cal está prevista que chegue sobre as 15:15 horas

Mugardos, a 7 de Outubro de 2007

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/
______________

A pancarta que queimaron:




Algúns medios xa se fixeron eco do asunto:

Grupo Voz

Noticias yahoo

__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon