martes, outubro 02, 2007

Convocan unha reunión en Compostela para analizar a conveniencia de realizar unha resposta unitaria ante tanta agresión á vida e a Terra

De:Fusquenlla -fusquenlla@sospontedeume.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de outubro de 2007 17:05
Asunto: Aviso de reunión



Ao remate da manifestación celebrada onte no Ferrol contra a planta de gas, reunímonos unha serie de organizacións pertencentes á Rede Litoral Vivo. Había un consenso xeralizado en promover unha reunión en Santiago para debatir a actual situación: Reganosa, Plano sectorial de acuicultura, etc, situación que en nada mellorou dende o 6 de maio.

Trátase de estudar se é posíbel promover algunha resposta unitaria.

Por outra banda, falouse moito da necesidade de ampliar a Rede Litoral Vivo a outro tipo de colectivos que teñen graves problemas e non formaban parte de RLV (Minas do Courel; Terra Cha...). Unha posibilidade consiste en refundir a rede litoral Vivo no movemento "Galiza non se vende".

Estas e outras cuestións querémolas tratar nunha asemblea que convocamos dende _*Rede Litoral Vivo*_ a celebrar o *sábado 20 de outubro ás 12 h. na Galería Sargadelos de Compostela.

*Agardamos a asistencia de todos os colectivos e particulares que estean interesados en seguir defendendo o noso territorio, o mellor que temos e que está seriamente ameazado.*
_______________

2 comentarios

Agradecemos que se incluiran de novo os problemas do interior na convocatoria, se non cuidamos os ríos é imposible salvar o litoral.
Estaremos na reunión de Santiago
Saúdos
Orlando
SOS Courel

Paréceme que a mensaxe avisando da reunión do 20 en Compostela non foi
enviada a lista de correo da Rede Litoral Vivo. A reenviamos nós de tódalas
maneiras. E recalcar o da resposta unitaria, xa a situación é dabondo
negativa para que non sexamos quen de actuar conxuntamente.
Saúdos
FORO SOCIAL DE CANGAS

Ao remate da manifestación celebrada onte no Ferrol contra a planta de
gas, reunímonos unha serie de organizacións pertencentes á Rede Litoral
Vivo. Había un consenso xeralizado en promover unha reunión en Santiago
para debatir a actual situación: Reganosa, Plano sectorial de
acuicultura, etc, situación que en nada mellorou dende o 6 de maio.
Trátase de estudar se é posíbel promover algunha resposta unitaria.
Por outra banda, falouse moito da necesidade de ampliar a Rede Litoral
Vivo a outro tipo de colectivos que teñen graves problemas e non
formaban parte de RLV (Minas do Courel; Terra Cha...). Unha
posibilidade consiste en refundir a rede litoral Vivo no movemento
"Galiza non se vende".
Estas e outras cuestións querémolas tratar nunha asemblea que convocamos
dende _*Rede Litoral Vivo*_ a celebrar o *sábado 20 de outubro ás 12 h.
na Galería Sargadelos de Compostela.
*Agardamos a asistencia de todos os colectivos e particulares que estean
interesados en seguir defendendo o noso territorio, o mellor que temos e
que está seriamente ameazado.*


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon