De: S.O.S Courel
-soscourel@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de outubro de 2007 07:56
Asunto: O Courel acude aos Tribunais de Xustiza
____________________________
____________________________
SOS Courel vese na obriga de acudir aos Tribunais de Xustiza
Amigas e amigos do Courel:
Se o tedes a ben, difundide esta mensaxe entre os vosos contactos, aos que lles poida interesar a defensa deste Espacio Natural e Cultural.
A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel, coa axuda de todas e todos, tentou por todos os medios de parar a desfeita total do Courel. Como nin o Parlamento nin a Xunta escoitaron, agora só nos queda acudir a Xustiza.
E fixémolo xa este venres, 5 de outubro de 2007, recorrendo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a autorización do Consello da Xunta, de 21 de xuño de 2007, para a canteira, “La Campa-Santa Eufemia”, no medio da Cunca do Lor, no miolo dun xa masacrado Courel, aínda un dos espazos de maior valor cultural e ambiental da Europa.
Inmediatamente, a primeiros de novembro, teremos que recorrer tamén a licencia de actividade desta mesma canteira.
Logo, si se lle concedera, teremos que recorrer a licencia de apertura. E seguramente polo camiño surxirán máis contenciosos e recursos á estancias superiores aos que facerlle fronte.
Como o custo de todos estes procedementos, desgraciadamente é sempre proporcional a “magnitude da desfeita”, non temos máis remedio que pedir e aceptar donativos.
_____
2 1 0 0 | 2 1 8 3 | 5 6 | 0 2 0 0 1 8 1 1 0 9 |
Por iso, para todas e todas e todos aqueles que estean interesados na defensa ambiental e cultural do Courel poñemos a súa disposición un nº de conta en “La caixa”, que podedes mirar no medio do texto de calquera dos seguintes enlaces:
Ou tamén podes miara o nº ao final deste artigo de prensa de EL PAÍS.
Mellor en páxinas fixas, porque ao difundir o nº de conta no texto do correo electrónico, pode xerar erros ou saltos de cifras.
Se o pesadelo rematara antes do previsto, todo o remanente económico desta campaña, utilizariámolo para a adquisición e restauración de algún anaco de souto abandonado, de calquera outro terreo ou de algunha construcción tradicional en ruínas no Courel, para uso e desfrute de todas e todos.
__________________________
A Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel
con NIF G27362474,
con enderezo postal en
“Santa Eufemia, nº32,
Folgoso do Courel. 27327 Lugo”
non ten ánimo de lucro,
e tal e como consta nos seus estatutos,
debe promover todas aquelas medidas que leven a acadar a
“Posta en valor, recuperación e conservación do Patrimonio Natural e Cultural do Courel”.
___________
Para calquera dúbida, aclaración ou queixa, utilizade o noso enderezo electrónico soscourel@mundo-r.com, o noso enderezo postal indicado arriba ou o
telefono 607 22 58 87.
Por suposto que renderemos contas de ingresos e gastos e manterémosvos informados.
Gracias por axudar
SOS Courel, 11 de outubro de 2007
______________________
Enlaces con fotos do desastre:
Fotos -1-
Fotos -2-
Video no Youtube:
Axuda urxente para o Courel !
Outras aclaracións:
Mentres o Courel se dispara cara un despoboamento seguro e o Parlamento cala, a Xunta lanza cortinas de fume a base de unha maraña de prazos e datos confusos sobre o futuro Parque Natural, de numero de concesións mineiras posibles e imposibles e de unha garabullada de promesas e medidas que nunca chegan; todo elo para tranquilizar a opinión pública sobre o inmenso escándalo.
Ao noso entender, o Consello da Xunta de Galicia, en xuño de 2007, errou ao entender mal a Lei, e autorizar unha canteira no medio da Cunca do Lor, na médula dun xa masacrado Courel.
A lei di: “ O Consello da Xunta valorará a compatibilidade ou non da explotación cos valores naturais, ambientais e paisaxísticos existentes”. Pois ben, a explotación funcionaba xa, a pesar de unha orde de peche, dictada precisamente por non ser compatible con eses valores.
Ao mesmo tempo esta autorización, é o precedente e o umbral ambiental necesario para a autorización de alomenos outras 54 explotacións mineiras neste territorio; e tamén é o requisito previo para a declaración do concello de Folgoso do Courel como “Concello Mineiro” tal e como se prevé na futura “Lei de promoción da minaría de Galicia”.
No Courel xa hai demasiadas canteiras cunhas condicións ambientais insostibles, recoñecidas polas propias empresas, cando pediron axuda económica ás Administracións para solucionar o problema ambiental no 2001.
Os postos de traballo:
No Courel hai posibilidade dabondo de crear moito máis dos cen postos de traballo, da canteira que se cuestiona, e son necesarios e urxentes para a restauración e conservación cultural e ambiental de todo o Courel.
A Xunta pode se quere, crear estes postos de traballo xa, sen traumas nin chantaxes para os traballadores; e os fondos poden saír por exemplo, do mesmo “cofre” de onde que saíron os do “Gaiás” ou os dos de momento, 4.000 sobresoldos de 15.000 euros anuais, para pasados e futuros altos cargos; e non imos valorar agora estes dous últimos “esforzos económicos públicos”.
Aos traballadores da pedra de Galicia, as Administracións débenlle, según algúns sindicatos e nós estamos tamén de acordo, un plan cun “esforzo económico Estatal”, para equiparar a idade de xubilación aos outros ramos da Minaría. De levarse a cabo permitiría a xubilación de moitas e moitos traballadores cunhas retribucións máis xustas que as actuais e recolocar todas as traballadoras e traballadores especialistas desta canteira nas outras da contorna.
Non hai desenvolvemento económico se non se respectan os valores culturais e ambientais.
_______________
GALERÍA DE DIAPOSITIVOS DO CAUREL
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon