De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de novembro de 2007 01:53
Asunto: Acordos da XVII Asamblea Cidadá
Acordos da XVII Asamblea Cidadá, celebrada o 9 de novembro de 2007, nos locais do Ateneo Ferrolán [Cos engadidos posteriores]
Onte, venres 9 de Novembro, celebrouse nos locais do Ateneo Ferrolán, a XVII Asamblea Cidadá, unha das de maior asistencia, onde concurriron os representantes das entidades integradas no Comité Cidadán de Emerxencia e moitas persoas a título particular.
Carmelo Teixeiro, Coordinador, Luz Marina Torrente, Presidenta da Plataforma de Veciñ@s "O Cruceiro de Meá", e Manuel Rodríguez Carballeira, membro do Comité, fixeron un pormenorizado análise da situación actual, enriquecido nun amplo debate con numerosas e interesantes intervencións.
O Informe de situación, ven a decir – en síntese – o seguinte:
O pasado 7 de setembro, a Directora en funcións do Area de Industria e Enerxía de A Coruña aprobou a Acta de posta en servizo de Reganosa.
O Acta non esgota a vía administrativa, e contra ela cabe recurso de alzada ante a Delegación do Goberno. É importante suliñar que se esta Acta resultase anulada Reganosa non podería funcionar nin ser retribuida polo sistema gasista ao non ter cumplimentados os requisitos e condicionados que se lle esixían na autorización de construcción. Pola contra, se a Acta se fixese definitiva, e a actividade da Planta fose paralizada, por sentencia dos procesos xudiciais en curso, pola súa inviavilidade económica ou pola ameaza constante que supón á poboación e a sostenibilidade da Ría, nese caso, os promotores si terían dereito a ser imdenizados xa que contarían coa autorización expedida polo Goberno Central. E tal indemnización correría a cargo de tódolos cidadáns.
Logo de discutir diversas propostas, acordouse o seguinte:
Interpoñer Recurso de Alzada ante a Delegación do Goberno, para que o Ministerio de Industria anule ou revogue a decisión do Area de Industria e Enerxía de A Coruña de autoriza-lo Acta de Posta en Servizo de Reganosa, aprobada sen ter en conta os condicionados imposibles de resolver, en canto a distancias a poboación e saída de emerxencia dos buques gaseros.
Convocar a cidadanía e as entidades integradas na rede "Galiza non se vende" a unha próxima movilización en data a determinar polo Comité.
Continuar con mais intensidade as actividades emprendidas en tódalas vias de actuación: Administrativa, mediática, xudicial e de concienciación e movilización, a fín de que a Planta de Gas de Reganosa sexa paralizada antes de que poida ocorrer un accidente grave con milleiros de víctimas.
Presentar o vindeiro 29 de Novembro, ante a Comisión Europea en Bruxelas, unha nova denuncia polo feito de que a Planta de Reganosa estea en funcionamento vulnerando a Directiva Europea "Seveso II". Unha delegación do Comité desplazarase a tal fin a Bruxelas.
No transcurso da Asamblea, Luz Marina Torrente, portavoz da Plataforma "O Cruceiro de Meá", comunicou a decisión da veciñanza, de remata-lo peche no Concello de Mugardos, cando se cumplen 110 días, para continua-la oposición a Planta a través de tódalas actividades e mobilizacións emprendidas polo Comité Cidadán de Emerxencia, no que desde sempre están integrados. Convocando, por este motivo, a unha Asamblea Aberta a celebrar no salón de plenos do Concello, este sábado día 10. Os veciños e veciñas de Meá, recibiron a través da súa portavoz, o apoio e agradecemento da Asamblea Cidadá, emotivamente expresado.
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡
--
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
Documentos Anexos:
Informe II de situacion 9 nov 2007
Anexo a Informe II de situacion 9 nov 2007
Copia da páxina 17 da Acta de Posta de Posta en Servizo
[Todos os documento nun só post nos Arquivos Ártabros:
o Informe, oAnexo e páxina 17 da Acta]
[Quen queira esta Acta de Posta en Servizo completa de 17 páxinas, en formato -PDF- pode solicitá-la a:
artabra212gmail.com]
__________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Planta de Gas: fóra da Ría
Reganosa
Acordos da XVII Asamblea Cidadá, celebrada o 9 de novembro de 2007, nos locais do Ateneo Ferrolán
domingo, novembro 11, 2007
Acordos da XVII Asamblea Cidadá, celebrada o 9 de novembro de 2007, nos locais do Ateneo Ferrolán
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan domingo, novembro 11, 2007
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon