De: Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal
-ferrol@verdegaia.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 1 de novembro de 2007 00:44
Asunto: Verdegaia convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón
Verdegaia convoca para o vindeiro domingo 11 de novembro un roteiro polo Río Sor, no concello de Mañón.
Trátase dunha magnífica ocasión para achegarse a un espazo natural pouco coñecido pero moi ben conservado, onde se pode disfrutar dunha paz e unha paisaxe difíciles de igualar. Ademais da excelente calidade das súas augas, o Río Sor ofrece aínda excelentes manchas de fraga de ribeira autóctona.
O percorrido comezará na parroquia de Grañas do Sor, no lugar coñecido como Ribeira do Bispo, e continuará sempre seguindo o percurso do río ata a zona recreativa de Ponte Segade, onde terá lugar o xantar. Pola tarde continuará a andaina ata chegar á fervenza de Augas Caídas onde rematará, completando un percorrido total de 14, 5 km cunha dificultade considerada como media-baixa.
Para dita actividade a asociación poñerá a disposición dos participantes un bus que partirá da escalinata de Correos en Ferrol o domingo 11 ás 9:30 h, estando prevista como hora de volta as 7 da tarde. O prezo será de 4 € para os/as non socios/as e de 2,50 € para os/as socios/as. O número de prazas é de 30 e o prazo de inscrición rematará o día 8 de novembro. Cómpre levar o xantar e ropa e calzado axeitados.
As persoas interesadas en participar nesta actividade poden facer a súa reserva chamando aos teléfonos 981320235 ou 661636946.
--
Núcleo Comarcal de Verdegaia en Ferrol, Eume e Ortegal
ferrol@verdegaia.org
...
http://www.verdegaia.org
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon