luns, xaneiro 14, 2008

Convocado o Foro Negro, para o 19 de xaneiro en Compostela

De: Arredemo -info@arredemo.info-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 14 de janeiro de 2008 19:22
Asunto: SÁBADO 19 DE XANEIRO - FORO NEGRO


_

PARTICIPA NO FORO NEGRO
A necesidade de gobernar o descontento

SÁBADO 19 DE XANEIRO
INSTITUTO GALEGO DE INFORMACIÓN (IGI)
Santiago de Compostela

O vindeiro sábado 19 de Xaneiro a Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo presenta a nova xeira do portal www.arredemo.info no Instituto Galego de Información (IGI) a poucos días do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do grupo Sargadelos. No contexto desta agresión, reábrese o Foro Negro como punto de encontro, reflexión, debate e denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no ambiental, no político e no cultural.

No mesmo día presentarase o número cero do Xornal Galicia como reflexión colectiva e análise da situación social e cultural do país, que servirá como documento base do foro e inciativa de apoio a Isaac.

Desde Arredemo e desde a Burla Negra chamámoste a formar parte da construción da rede de comunicación e distribución social coa que xa compartimos aventuras, despistes e fracasos, e algún que outro éxito en experiencias como Hai que Botalos.

Queremos contar contigo e con toda a túa experiencia para sumar forzas na construción dunha rede capaz de proporse accións á altura das esixencias do momento, seguros como estamos de que cando traballamos xuntos nos sentimos menos sós e acadamos mellores resultados.

Porque cando as cousas se sinten e o compromiso é sincero e libre as nosas accións resultan máis divertidas e os obxectivos a acadar semellan máis próximos.

O domingo 19 chocámonos as mans no edificio do IGI. Non faltedes.

Confirma a túa asistencia ou a do teu colectivo en
foronegro@arredemo.info

+info

Axúdanos a difundir esta convocatoria
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon