martes, xaneiro 08, 2008

"Fenicio", primeira foca da tempada

Tags

De: SGHNFERROL
-sghnferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 8 de janeiro de 2008 11:37
Asunto: “FENICIO”, primeira foca da tempada



“FENICIO”, primeira foca da tempada

O 3 de xaneiro, apareceu na Vila de Bares (Mañón) A Coruña, un lobo mariño cincento (Halichoerus grypus). Tras varios días de forte temporal no mar, unha foca busca refuxio ao abrigo do porto de Bares, onde a súa presenza foi detectada polo comunicador, que decatándose dos problemas físicos do animal, chamou ao teléfono de Emerxencias 112. Ao lugar desprazouse o grupo de traballo da SGHN Ferrol para recoller ó animal e trasladalo ao seu local, onde se atopan as instalacións de UCI para lobos Mariños. Á foquiña púxoselle o nome de “Fenicio” en recordo do milenario porto.


Trátase dun macho de 98 cm e 22 quilos de peso que presentaba un cadro de esgotamento, desnutrición e unha afección respiratoria que lle impedía valerse por el mesmo. Na UCI da SGHN recibiu as atencións veterinarias necesaria e superadas as primeiras 48 horas a evolución é favorable e comeza a alimentarse por si mesmo. Tódolos anos chegan ata as nosas costas, procedentes das colonias de cría de Irlanda, Illas Británicas e Bretaña francesa, Lobos mariños cincentos (Halichoerus gripus) xuvenís, entre dous e seis meses de idade. A parir do mes de novembro e ata abril ou maio. A dispersión das crías é un fenómeno natural, que sucede cando as focas se afastan da costa e os ventos dominantes do norte e a forte corrente do Golfo, pode facer que moitos destes xuvenís se afasten dos seus hábitats e tras moitos días sen alimentarse cheguen ata terra. Os exemplares mais fortes buscan abrigo en portos, estuarios ou rías, outros se achegan á costa sen apenas forza para botarse ao mar ante un eminente perigo.
Dende o ano 2000 a Sociedade Galega de Historia Natural, ven a realizar traballos de recuperación de fauna con lobos mariños e tartarugas nas súas instalacións de Ferrol. Estas tarefas de asistencia á fauna mariña ameazada inclúense no marco dun convenio de colaboración da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.


A SGHN, a través da sección de Mamíferos mariños, coordina un grupo de traballo para a asistencia e recuperación de mamíferos mariños e unha “Unidade de Coidados Intensivos para Lobos mariños e tartarugas” en Ferrol, para a asistencia en primeira fase de recuperación. A asistencia clínica especializada está dirixida polos veterinarios da CEMMA Josep M. Alonso e María Llarena especialistas na asistencia a lobos mariños e tartarugas.
Comeza unha nova tempada de focas, na que a SGHN ten que facer fronte cos medios dos que dispón. Aínda así, e coma sempre, os animais que van chegando obteñen de nós os maiores esforzos e unha calidade de trato e de atención que non se corresponden coa lamentable situación que seguimos a sufrir. Este é un ano novo, pero as condicións de habitabilidade, recursos e inda por riba de atención por parte dos nosos políticos, seguen a ser as mesmas dos anos anteriores. O desexado novo “Museo da Natureza” segue enquistado, un caserón baleiro e esquecido, mentres o vello local, cheo de goteiras, cáese lentamente e os que traballamos dentro seguirmos a facer os máximos esforzos para levar o proxecto adiante, pese a todo.

Sociedade Galega de Historia Natural.
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego.
Delegación de Ferrol
Apartado de Correos n1 356
15480 FERROL (A Coruña)

Tfno. (24 horas) e fax 981 35 28 20
mobil 616 388 935
http://www.sghn.org
e-mail: sghnferrol@terra.es

http://sghnferrol.blogspot.com/

_______________________
Entidade Científica sen ánimo de lucro fundada en 1973. Inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións co n1 18.847. Rexistrada no folio 11 das Asociacións Protectoras do Medio Ambiente (Xunta de Galicia). N1 AO/C-000/382 do Rexistro de Asociacións Culturais Galegas. Membro do Consello Galego de Medio Ambiente.
______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon