De: santiago diaz-garzón morillo
-xantia@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de janeiro de 2008 01:27
Asunto: Tojeiro gañou seis millóns cos terreos de Reganosa
Tojeiro gañou seis millóns cos terreos de Reganosa
LORENA BUSTABAD - Ferrol
EL PAÍS - 10-01-2008
Un total de 11 leiras -antigos labradíos e varias vivendas- radicadas na parroquia mugardesa de Mehá e adquiridas por Forestal do Atlántico, propiedade do grupo Tojeiro, entre 2000 e 2003 por un importe próximo aos 600.000 euros, foron vendidas a Reganosa en agosto do mesmo ano por 2.681.564 euros.
Con estes datos do Rexistro da Propiedade de Pontedeume sobre a mesa, Humberto Fidalgo, do Comité Cidadán (CEE), denunciou onte o "segundo pelotazo" do empresario pontés Roberto Tojeiro cos terreos nos que se sitúa a terminal. En outubro de 2007, Fidalgo denunciara ante a Fiscalía do TSXG que Tojeiro, propietario do grupo empresarial do mesmo nome e accionista de Reganosa (18%), obtivera unhas "plusvalías millonarias" coa compravenda da leira na que se asenta a planta e que pertencía a Forestal do Atlántico. A propiedade, de 75.849 metros cadrados, comprou por 285.480 euros en febreiro do 2001 e vendeuse a Reganosa semanas despois por 4.429.459 euros, 15 veces o seu valor inicial.
"Se sumamos os catro millóns que Tojeiro gañou en 2001 e os outros dous millóns en 2003, obtivo unhas ganancias de seis millóns só cos terreos", sinala Fidalgo. O Comité, que agrupa aos opositores á localización de Reganosa no interior da ría, sinalou onte que porá estes últimos datos a disposición da Fiscalía para ampliar a denuncia interposta contra a Xunta de Manuel Fraga pola existencia dun acordo secreto que garantía de antemán a viabilidade da terminal ao sur da ría de Ferrol, mentres o ex conselleiro de Economía, José Antonio Orza, era accionista do Grupo Tojeiro. "A Tojeiro entrar en Reganosa sáelle gratis", sinala Fidalgo, xa que "os seis millóns correspóndense co 18% do accionariado que posúe na empresa".
Un centenar de persoas convocadas polo comité recibiu onte con outra cacerolada ao gasero LNG Sokoto, con 58.476 toneladas de gas natural nas súas cubas. Trátase do duodécimo buque que atraca en Mugardos desde que Reganosa iniciase en maio a súa fase de probas. O Comité esixiu onte ao Ministerio de Industria "que anule a licenza e paralice de inmediato a actividade de Reganosa". Os opositores sosteñen que a compañía ten "problemas" porque "non hai demanda".
Enlace coa noticia orixinal no xornal "El País"
__________________
Enlace relacionado:
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
sábado, xaneiro 12, 2008
Tojeiro gañou seis millóns cos terreos de Reganosa
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan sábado, xaneiro 12, 2008
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentarios so far
Fálase de quen andivo mercando os terreos para Tojeiro, foi o actual alcalde das Pontes Valentín.
Tojeiro ten na comarca catro alcaldes, en Mugardos, en San Sadurniño, nas Somozas e nas Pontes
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon