xoves, marzo 20, 2008

Acordos da Xunta Directiva da Asociación veciñal de Esteiro “Fontelonga” do luns día 17 de marzo de 2008

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de março de 2008 17:51
Asunto: Acordos da Xunta Directiva da Asociación veciñal de Esteiro “Fontelonga” do luns día 17 de marzo de 2008


Achegámoslles os acordos tomados pola Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" o luns día 17 de marzo de 2008.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga"

Acordos da Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro “Fontelonga”.

Na primeira xuntanza mantida pola nova Xunta Directiva de Fontelonga xurdida da Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o xoves día 13 de marzo de 2008 e coa asistencia dos seus once compoñentes se tomaron os seguintes acordos:

  • Crear catro áreas de traballo que son: Área de Urbanismo, Obras e Tráfico e Seguridade que estará coordinada polo presidente de Fontelonga, Xosé Miguel López. Área de Servizos Sociais, Voluntariado, Servizos, Parques e Xardíns e Medio Ambientes que estará coordinada por Juan Cervantes. Área de Cultura, Ocio, Tempo Libre, Festas e Actividades que estará coordinada por Vicente Aneiros. Área de Participación Cidadá, Relacións Institucionais e Universidade que estará coordinada por Xesús Manuel Díaz Suárez.
  • O horario de atención a veciños e veciñas no local social de Fontelonga será de luns a venres en horario de tarde de luns a venres.
  • Unha delegación da Asociación Fontelonga participará nas xornadas Vivenda e Cidade que organizadas pola concellería de Vivenda do Concello de Ferrol se celebrarán no Salón de actos do Vicerreitorado de Esteiro os días 27, 28 e 29 de marzo de 2008.
  • Unha delegación da Asociación Fontelonga participará no Congreso Galego de Voluntariado que se celebrará o día 10 de abril no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
  • O vindeiro día 2 de abril manteremos unha xuntanza coa Coordinadora de Seguridade do Concello de Ferrol, Dona Sandra Ríos, co concelleiro de Tráfico, D. Gerardo López Castrillón e cos responsables da Policía Local. A xuntanza, con posterior recorrido polo barrio de Esteiro, será no local de Fontelonga ás 18 horas.
  • Nesa mesma primeira semana de abril manteremos unha xuntanza co Concelleiro de Obras e Vivenda D. Miguel Reimúndez para coñecer o plano de obras que e vai facer por importe de 58.000 euros e varias rúas e beirarrúas do Barrio.
  • Na próxima semana a Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga” entregaremos no Rexistro Municipal as alegacións que esta entidade imos formular á Ordenanza de Convivencia Cidadá que nestes momentos está en fase de alegacións por parte do tecido asociativo da cidade.
Ferrol a 18 de marzo de 2008.

Asdo./ Antonio Ríos Rodríguez, secretario.
______________

ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21

___


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon