Especial do V Conspirando por unha Radio Libre
___________
| |||
Programa especial V Conspirando por unha rádio libre Rádio FilispiM, 93.9FM. Ferrol [GZ] Xoves 20 de marzo de 2008 Duración aproximada: 02:30:00
Como todos os anos, o colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, de Ferrol (Terra de Trasancos) vén de argallar o "Conspirando". A semana santa(?) ferrolá, véuse asaltada pola quinta edición deste evento, que desta vez atopou o seu sitio no mesmo "Inferno" (Praza do Inferniño). Mentres os desfiles procesionais tomaban o centro da cidade departalmental, centos de persoas e dúcias de colectivos da comarca, conspiraban, baixo unha inmensa carpa habilitada para a ocasión polo Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, na súa particular penitencia anual, coincidindo co xoves santo(?), para máis inri. Este audio recolle os prolegómenos do Conspirando, con diversas conexións coa Feira de Colectivos, no mesmo Inferniño, horas antes de que os ritmos punk, ska, reggae e funk, anularan son das trompetas e saetas, definitivamente. A 5º edición do Conspirando por unha rádio libre, argallada polo Colectivo Opaíí!-Rádio FilispiM, de Ferrol (Terra de Trasancos), estivo protagonizada en un primeiro termo por unha Feira de Colectivos, na que participaron: a Marcha Mundial das Mulleres de Trasancos, ONG Solidariedade Internacional Galicia, Asociación Cometa (por un trato digno aos animais), Comité Antisida Lazos, Fuco Buxán, Espazo Libertario, Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol, Ateneo Ferrolán, así como diversos artesáns. Todos eles encheron, coas súas diversas propostas, a carpa instalada na pista polideportiva da praza do Inferniño en Ferrol. Máis tarde, cara as 11:00 da noite, os grupos musicais da comarca, The Sweat, Ta´Crack (funk-rock) e os de Nigrán, Dakidarría (ska, reggae, punk) fixeron danzar, a un ritmo ben diferente ao marcado polas salmodias "semanasanteras", a máis de 500 persoas. Mais, estimamos, que durante toda a xornada chegaron a pasar, polo Conspirando, perto dun milleiro. O Conspirando por unha rádio libre, celébrase todos os xoves santos(?) en Ferrol, co obxecto de autofinanciar (e celebrar) a Rádio FilispiM, libre e comunitaria da Terra de Trasancos (Ferrol), que transmite no 93,9 da FM dende o ano 2005, por obra e graza do Colectivo Opaíí!. Web relacionada: Rádio FilispiM 93.9FM, libre e comunitária Terra de Trasancos (Ferrol-GZ) | |||
Audio do V Conspirando por unha Radio Libre de_Radio_FilispiM - Colectivo Opaii!
[Ferrol Terra de Trasancos 20 de Marzo de 2008]
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon