De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de março de 2008 18:44
Asunto: Homenaxe ás vítimas do 11 M- RECORDATORIO
Homenaxe ás vítimas do 11 M
A Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga" celebraremos o vindeiro martes 11 de Marzo ás 18 horas un acto cívico , aberto a toda a cidadanía, de homenaxe ás vítimas do 11 de Marzo de 2004 en Madrid, como vimos facendo cada ano.
O acto ó que están convidados tódolos grupos municipais do Concello de Ferrol, partidos, sindicatos e todo o tecido asociativo da cidade, será na Praza das Vítimas do 11 M, na confluencia das rúas Vázquez Cabrera e San Ramón, preto do Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro.
Con este acto, carente de calquera contido partidista, se pretende recordar ós mortos e mortas, feridos e feridas nese brutal atentado, e ademais quere ser un acto de afirmación democrática fronte ó terrorismo, de defensa das liberdades, da paz e sobre todo da xustiza.
Ferrol a 7 de Marzo de 2008.
Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga".
Asdo../ Xosé Miguel López Pérez, presidente
________________
ESTEIRO
Web veciñal
Blog veciñal
Artigos PA21
___________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Fontelonga
Convite da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", ao acto de Homenaxe ás Vítimas do 11M do 2004
luns, marzo 10, 2008
Convite da Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", ao acto de Homenaxe ás Vítimas do 11M do 2004
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, marzo 10, 2008
Tags
Artigos relacionados
- Asociacion Veciñal Fontelonga-avvfontelonga@mundo-r.com-1 de maio de 2009 10:53Achegámosl
- De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-Para: artabra21@gmail.comDat
- De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGAavvfontelonga@mundo-r.comPara: artabra21@gmail.comData:
- Inauguración da exposición sobre o Naturalista López Seoane o vindeiro xoves día 4 de xuñ
- [Clicar acima das imaxens para ampliar]Enviado por:Asociacion Veciñal Fontelonga -avvfont
- ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA-avvfontelonga@mundo-r.com-1 de março de 2009 11:16A Asociac
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon