venres, abril 18, 2008

3º Hack Meeting [gnu - linux]

Estes Sábado 26 e Domingo 27 de Abril no Ateneo Ferrolán, terá lugar o 3º Hack Meeting [GNU/Linux] organizado por Unión Libertaria.

Sábado 26

Mañá
11:00hs. - Presentación das Xornadas. "Que é o Software Libre?"
11:15hs. - Experiencias e experimentos con GNU/Linux.
12:00hs. - INSTALL PARTY: Instala GNU/Linux no teu computador, compartindoo ou non con Windows.

Tarde
16:30hs. - Edición Gráfica con GNU/Linux, Gimp, Inkscape, Scribus...
19:00hs. - Ferramentas libres para streaming de audio e video.


Domingo 27

Mañá

11:00hs. - LTSP: Reciclaxe de computadores como terminais lixeiras en GNU/Linux.
12:00hs. - A caixa branca: Todo sobre hardware e como destripalo.

Tarde
16:30hs. - Edición de video con Cinelerra e proxección de video GNU/Linux.

Ven co teu computador!!!!

Organiza: Unión Libertaria
Colaboran: Ateneo Ferrolán, Kalimera, Hacktreu e Olholivre.
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon