mércores, abril 02, 2008

Alertan do progresivo deterioro das rúas de Ferrol: o Goberno local, PSOE-IU, adica escasos recursos ao amaño dos viais

De Xosé Manuel Pazo Blanco
-manolopazo@gmail.com-
Data: 2 de abril de 2008 17:29
Asunto: O BNG alerta do progresivo deterioro das rúas de Ferrol



O BNG alerta do progresivo deterioro das rúas de Ferrol

O Goberno local, PSOE-IU, adica escasos recursos ao amaño dos viais

O grupo municipal do BNG no concello de Ferrol alertou do progresivo deterioro que sofren as rúas e beirarrúas da cidade e instou ao goberno do concello a aumentar os recursos municipais, económicos e de persoal, para o seu arranxo.

O portavoz municipal do BNG, Xoán Xosé Pita, amosou a súa preocupación polo estado no que se atopan as rúas e a pasividade que o goberno municipal amosa na solución destas deficiencias denunciadas día tras día polo conxunto de veciños e veciñas da cidade.

A situación é tal que sen ter rematada á urbanización do centro as que xa estaban reurbanizadas sofren importantes danos, lousas rotas e soltas. Outros exemplos desta desidia atópanse no retraso das obras na praza do Carbón, e a situación das rúas de Ferrol Vello. Outras rúas como a rúa Coruña intransitábel para os peóns, con vallas que impiden o tránsito polas beirarrúas obrigando a sair á calzada ao importante número de nenos que a transitan a diario xunto ao mal estado xeralizado das rúas nos barrios e das pistas da zona rural.

Para o BNG a situación da cidade non mellora e os retrasos no inicio ou na finalización das obras é un mal que se está a facer crónico. A incapacidade do goberno local para por en marcha unha cuadrilla municipal de obras, o fíasco da opción de TRAGSA, a importante redución da partida orzamentaria de mantemento de viais son as causas máis destacábeis deste continuo deterioro.

O portavoz nacionalista, Xoán Xosé Pita, advertiu que se fai necesario a posta en marcha dun plan global de actuacións con carácter urxente que conte coa financiación precisa para solucionar este problema que afecta ao conxunto de cidadáns de Ferrol.

Así mesmo advertiu que a pasividade do goberno PSOE-IU condena a cidadanía de Ferrol a facer fronte a un continuo cúmulo de molestias cada vez que se circule pola cidade. .

Ferrol a 2 de abril de 2008
Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol

--
Xosé Manuel Pazo Blanco
manolopazo@gmail.com


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon