martes, abril 22, 2008

Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA: Inspección SEPRONA

De: Asociación Cometa -correo@asociacioncometa.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 21 de abril de 2008 17:07

Asunto: Inspección SEPRONA



Inspección SEPRONA

O pasado día 12 de marzo a patrulla do SEPRONA de Pontedeume realizou unha inspección no domicilio particular dun membro da Xunta Directiva da Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA, de Narón, inspección motivada pola denuncia recibida na Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia contra dita asociación. Esta denuncia foi presentada por D. José Luis Vérez Fraguela, propietario do Hospital Clínico Veterinario Ultramar e pretende basearse na información e fotografías aparecidas no periódico La Voz de Galicia do día 20 de decembro de 2007. O que esta persoa denuncia e, fundamentalmente, que COMETA está a recoller animais sen autorización, en instalacións ilegais e en condicións inadecuadas.

O recinto inspeccionado pola Garda Civil é unha propiedade privada que pertence a un voluntario da asociación e que non se trata en ningún caso de instalacións nin propias de COMETA, nin cedidas a esta, nin están a ser empregadas para a recollida de animais abandonados por parte da asociación. Que ese recinto aparecese fotografiado na prensa, vinculado á asociación COMETA, débese precisamente a que a asociación carece polo momento de instalacións, nin propias nin cedidas, para a recollida de animais abandonados. Por outra banda, os cans que alí aparecían foron recollidos no seu momento pola asociación, pero polas pésimas condicións psicolóxicas nas que chegaron non tiveron posibilidade de ser adoptados, e posto que disfrutan neste momento dunha vida feliz e adecuada ás suas necesidades, pareceunos que podían representar moi ben os fíns que persegue e o traballo que realiza a nosa asociación.

Posto que a asociación COMETA carece polo momento de instalacións, os poucos animais que podemos recoller aloxanse con voluntarios nas súas propias vivendas, en casas de acollida que a cada paso escasean mais. Polo tanto, por desgracia, non existen esas supostas "instalacións ilegais". A todolos animais que chegan abreselles unha ficha onde se inscriben todolos seus datos e todolas revisións e tratamentos que reciben. Son dados en adopción desparasitados, vacinados, esterilizados ( agas os cachorros) e co seu microchip identificativo. O adoptante asina un contrato de adopción e posteriormente realízase un seguimento da adaptación do animal e para comprobar que o trato que recibe é o adecuado.

É certo que non temos licencia para a recollida, precisamente porque non temos un centro de recollida. Pero tamén é certo que os animais que pola asociación pasaron deronselles todalas atencións necesarias, veterinarias, hixiénicas, alimentarias e psicolóxicas, a pesar de ser unha entidade sen ánimo de lucro con poucos medios económicos e contando só co traballo de persoas que adican o seu tempo e o seu diñeiro a intentar mellorar a vida dos animais.

O que resulta triste é que a denuncia formulada contra a asociación COMETA non obedece seguramente a unha repentina preocupación polo benestar dos animais. Mais ben parece que o que impulsa esta mostra de civismo é a vinganza e o afan de manter un estado de cousas que está a reportar un enorme beneficio económico á empresa propiedade do denunciante.

O Hospital Clínico Veterinario Ultramar ocupouse durante anos da recollida de animais abandonados de prácticamente a totalidade dos concellos da comarca de Ferrolterra. Tamén durante moito tempo estivemos recibindo na asociación queixas e denuncias sobre o que alí acontecía cos animais, o que no ano 2006 nos levou a poñer eses feitos en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. A raiz de esta denuncia abreuse un expediente sancionador ó agora denunciante, que deu lugar a unha resolución que o sanciona cunha multa de 3000 € por feitos que o Director Xeral de Conservación da Natureza, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, considera "feitos probados constitutivos de infracción administrativa grave" referindose á recollida de animais abandonados por parte desta clínica.

Pero non podemos esquecer a culpa que en todo esto teñen os concellos, que irresponsablemente financian, co diñeiro de todos, a empresas que non cumplen coa lei e que levan anos cometendo auténticas barbaridades cos indefensos animais, non só abandonados, senon tamén extraviados. Os mesmos concellos que non amosan o menor interese en por en marcha un proxecto co que cumpran dunha vez por todas coas suas obrigas: a construcción dun refuxio onde se poidan recoller todolos animais da comarca.

Dende a Asociación COMETA seguiremos loitando para que dunha vez por todas se cumpra coa lei e Ferrolterra deixe de ser un inferno para os animais.

Para mais información:

Asociación para un Comportamento Ético cos Animais COMETA

r/Manoel Antonio, 4-1º Narón

Tlfno. 617 040 992

correo@asociacioncometa.com

www.asociacioncometa.com

_______________________

CONVOCATORIA:

A Asociación para un comportamento ético cos animais COMETA, convoca a tódolos seus socios á asamblea xeral extraordinaria o vindeiro 27 de Abril as 18:00h e á asamblea xeral ordinaria ás 19:00h no Clube de Tenis de Mesa de Narón.
Rúa/Reis Católicos 5-7 baixo,
Santa Cecilia, Narón.
___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon