xoves, abril 17, 2008

Moción na que instan ao Goberno local á retirada das antenas de telefonía móbil instaladas ilegalmente no Concello de Ferrol

De: BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de abril de 2008 13:50
Asunto: ANTENAS DE TELEFONIA, MOCION DO BNG



ANTENAS DE TELEFONIA, MOCION DO BNG

O grupo municipal do BNG no Concello de Ferrol presentou hoxe unha moción na que insta ao Goberno local á retirada das antenas de telefonía móbil instaladas ilegalmente no Concello.

O portavoz nacionalista, Xoán Xosé Pita, afirmou que esta iniciativa é un compromiso electoral do BNG e pretende poñerlle freo aos abusos que sofren os veciños e veciñas afectados pola instalación destas antenas por parte das empresas operadoras e ante a pasividade municipal. Pita lembrou que en moitos casos teñen que costear eles mesmos a súa defensa xurídica.

O BNG defende tamén a necesidade de revisar a Ordenanza Municipal de antenas de telefonía, para mellorala e adaptala a Lei estatal de telefonía Móbil. Unha ordenanza aprobada no ano 2002 que sufriu modificacións e na que a xuízo do BNG se deben reforzar aqueles aspectos onde o concello si pode impor restricións máis firmes, dentro das súas competencias, como é nos apartados urbanísticos e estéticos.

As denuncias pola instalación deste tipo de antenas dánse na práctica totalidade dos barrios da nosa cidade: Canido, Esteiro, Caranza, Ensanches, barrio da Magdalena mesmo foron e son obxecto de informes do valedor do Pobo, de sentencias xudiciais que dan a razón aos veciños e veciñas mentres que as antenas seguen funcionando sen que ninguén actúe.

O BNG lembra que non é a primeira vez que no noso Concello igual que en Galiza e no resto do estado español se dan casos nos que coincide unha alta incidencia de persoas enfermas de cancro co feito de convivir debaixo, ao lado ou nas proximidades dunha antena de telefonía móbil. Ademais o portavoz nacionalista afirmou que non se trata de iniciar unha cruzada contra a telefonía móbil senón se o que se pretende é ordenar a cobertura na cidade.

Así mesmo o BNG destacou o feito de que na cidade se estan dando casos nos que as operadoras camuflan as antenas de telefonía para evitar ser inspeccionadas.

Ferrol a 17 de abril de 2008

Grupo Municipal do BNG en Ferrol

____________

Documentación nos Arquivos Ártabros:

Texto da Moción do BNG para a retirada do concello de Ferrol das antenas ilegais de telefonía móvil
____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon